Tempo de lecerVersión en línea Revemos o vocabulario dos deportes, xogos e xoguetes por Carme Saborido Paz A B C D E F G H J M N P R T V W X Z Contén A Figura que representa unha muller, unha rapaza ou un bebé, que serve sobre todo como xoguete. Comeza por B Xogo que consiste en dar cun pau noutro máis pequeno e rematado en punta nos extremos, que está colocado no chan, de xeito que se fai saltar e, xa no aire, dáselle un segundo golpe que o despide a maior distancia Comeza por C Deporte que consiste en correr en bicicleta Comeza por D Conxunto de movementos que se executan seguindo o ritmo da música e que forman unha peza completa de baile Comeza por E Arte de representar figuras ou obxectos con materiais diversos, como barro, pedra, madeira, mármore etc. Comeza por F Deporte no que participan dous equipos de once xogadores cada un, que deben, sen valerse das mans e dos brazos, e utilizando especialmente os pés e a cabeza, introducir un balón na portaría contraria, salvando a oposición do outro equipo Comeza por G Xogo de orixe escocesa que consiste en golpear cun pau unha bóla para introducila cun mínimo de golpes en dezaoito buratos distribuídos ao longo dun campo cuberto de obstáculos. Comeza por H Deporte ou conxunto de deportes nos que intervén o cabalo como protagonista Comeza por J Antigo sistema de loita xaponesa sen armas, hoxe practicada como deporte, baseado no emprego de chaves para inmobilizar o contrario ou para desequilibralo e facelo caer Comeza por M Xogo infantil que consiste en andar á pata coxa empuxando ao mesmo tempo co pé o peletre, seguindo certas regras, a través dun percorrido establecido formado por un conxunto de casas numeradas, pintadas ou raiadas no chan. Comeza por N Exercicio ou deporte que consiste en nadar Comeza por P acción de pescar Comeza por R Xogo que consiste en lanzar uns pequenos discos desde certa distancia tratando de introducilos pola fendedura que forma a boca da figura dunha ra de ferro sentada ou por outras da mesma medida feitas na mesa onde está pousada a ra. Comeza por T Deporte no que se enfrontan dous xogadores ou dúas parellas de xogadores que se sitúan a ambos os lados dunha cancha rectangular dividida transversalmente por unha rede, e que consiste en golpear a pelota cunha raqueta, facéndoa pasar por derriba da rede para que bote no campo contrario Contén V Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, que está fincada no chan a certa distancia e que ten diversas formas segundo as zonas Comeza por W Deporte náutico que consiste en desprazarse sobre a auga nunha táboa provista dunha vela fixada a un mastro articulado Contén X Xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel Comeza por Z Cada un dos dous paus longos, cun taco para apoiar os pés, que se empregan para andar sobre terreos húmidos ou para xogar