Memorias dun neno labregoVersión en línea Escoita o primeiro capítulo do libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, e logo responde as cuestións de comprensión da lectura. por manuel siaba lestón 1 Este texto, segundo se di na propia lectura, está escrito por un neno que se chama Balbino pero, con que finalidade o escribe? a É unha carta para un amigo. b Para falar consigo mesmo sobre o que sente. c É unha redacción para o colexio. d Non o escribe Balbino. 2 En que lugar se desenvolven os feitos que conta Balbino? a Nunha aldea mariñeira. b Nunha cidade de Galicia. c Nos arrabaldes dunha cidade. d Nunha aldea do interior. 3 Balbino preséntase dicindo que é un rapaz de aldea e ademais pobre; que aspectos dos seguintes se utilizan na lectura para describir esta realidade? a O rapaz anda descalzo. b Na aldea todos os rapaces xogan ao aire libre e non hai parques. c Como no verán vai moita calor dórmese ata moi tarde. d O rapaz ten que traballar nas tarefas agrícolas. 4 E respecto ao carácter, como se describen os rapaces da aldea? Escolle unha ou máis respostas a Tristes. b Aventureiros e soñadores. c Vergonzosos e apoucados. d Inquedos e curiosos. 5 E Balbino, como describirías a súa maneira de ser: Escolle unha ou máis respostas a Preguiceiro e durmiñón. b É un miñaxoia, tanto lle ten todo. c Espelido e curioso. d Un rebelde. 6 En que época dirías que se desenvolven os feitos dos que nos fala? Escolle unha ou máis respostas a Na actualidade. b Na Idade Media. c Antes da época democrática. d Hai máis de 50 anos. 7 Quen é o capitán Smith? Escolle unha ou máis respostas a Un rapaz que vén de Inglaterra e que coñece o Landeiro. b Un home que estivo na guerra e que despois escribira todo o que lle acontecera. c Un can que trouxo pai de Balbino cando volveu da guerra. d Un emigrante que volveu rico dos Estados Unidos. 8 Cal é a actitude de Balbino con relación á súa aldea? Escolle unha ou máis respostas a Quere vivir nela toda a súa vida. b Quere poder ir vivir algún día á cidade. c Quere coñecer mares e terras novos. d Vaia a onde vaia tan só quere facer cartos.