Icon Crear Crear

As voces humanas clasificación

Presentación

Na seguinte presentación exponse unha breve explicación de como se clasifican as voces humanas...

Descarga la versión para jugar en papel

Edad recomendada: 8 años
54 veces realizada

Creada por

España

Top 10 resultados

  1. 1
    00:03
    tiempo
    100
    puntuacion
¿Quieres aparecer en el Top 10 de este juego? para identificarte.
Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

  1. tiempo
    puntuacion
  1. tiempo
    puntuacion
tiempo
puntuacion
tiempo
puntuacion
 
game-icon

As voces humanas clasificaciónVersión en línea

Na seguinte presentación exponse unha breve explicación de como se clasifican as voces humanas...

por Felipe Sar Pose
1

As voces humanas

As voces humanas...

Cantas cousas podemos facer coa voz??? falar, rir, chorar, gritar, conversar, imitar sons... pero hai algo que nos gusta moito e nos produce moitas satisfaccións...

CANTAR

Pero facémonos unha pregunta... todas as voces que escoitamos aos cantantes son iguais?? NON

Hai voces de homes, voces de mulleres, voces de nenos... e ademais algunhas son moi agudas, outras moi graves e incluso hai algunhas que son moi especiais.

Por todo isto, precisamos ordenar as voces e clasificalas segundo soen...

2

Pentatonix - Sesame Street

3

As voces humanas

Despois de escoitar ao fantástico grupo PENTATONIX... vemos claramente como cada un deles ten un timbre de voz e unhas características de voz diferentes.Vexamos pois, a continuación cómo podemos clasificar as voces humanas.
4

Primeira clasificación...

A primeira clasificación que faremos é dividir aos cantantes en dous grandes grupos...

Por unha banda...

As voces femininas

E por outra...

As voces masculinas


5

As voces femininas

As voces femininas...

Son aquelas que corresponden ás mulleres. Imos a distinguir tres tipos:

SOPRANOS

As que teñen a voz máis aguda

MEZZOSOPRANOS

As que teñen a voz intermedia (nin moi aguda, nin moi grave)

CONTRALTOS

As que teñen a voz máis grave
6

SOPRANO

SOPRANO

A voz máis aguda de todas as que existen... no exemplo que tes ao lado poderedes escoitar o "Dulcissime" dos Carmina Burana de C. Orff... impresionante non si??
7

MEZZOSOPRANO

MEZZOSOPRANO

É unha voz similar á da soprano, pero non chega a dar notas tan agudas. É moi difícil de identificar, pois ás veces confúndense as voces de soprano coas de mezzosoprano...No exemplo que temos ao carón déixovos unha versión de "Voi che sapete" da ópera de Mozart "As vodas de Fígaro", interpretada pola impresionante mezzosoprano italiana Cecilia Bartoli, unha das mellores cantantes do mundo.
8

CONTRALTO

CONTRALTO

É a voz máis grave das voces femininas. A voz de contralto é moi inusual.Como exemplo, unha versión do "Ave María" de Charles Gounod na voz de Nathalie Stutzman...
9

As voces masculinas

As voces masculinas...

Son aquelas que corresponden aos homes. E igual que nas voces femininas, tamén imos distinguir tres tipos:

TENORES

Os que teñen a voz máis aguda.

BARÍTONOS

Os que teñen a voz intermedia (nin moi aguda nin moi grave)

BAIXOS

Os que teñen a voz máis grave.
10

TENOR

TENOR

É a voz máis aguda das voces masculinas. É moi habitual escoitar este tipo de voz nas óperas.No exemplo, escoitaredes ao tenor Plácido Domingo interpretando "Nessun Dorma" da ópera "Turandot" de Puccini.
11

BARÍTONO

BARÍTONO

É a voz intermedia das voces masculinas. Ás veces, e dependendo do cantante, podemos confundila cun tenor ou cun baixo.Vemos no exemplo que temos ao lado a fantástica interpetación de "Largo al factotum" do barítono Leo Nucci.
12

BAIXO

BAIXO

É a voz máis grave de todas as que existen. Son voces moi poderosas e chegan a notas moi moi graves.O exemplo corresponde a un divertido esconxuro do mago Colás na ópera "Bastián e Bastiana" de Mozart.
13

CONTRATENOR

Rematada a clasificación xeral das voces humanas presentamos un caso moi moi especial...

OS CONTRATENORES

Son aqueles homes que poden cantar nas tesituras de voz feminina.Un grande exemplo é o do fantástico cantante Philippe Jarousski.
14

Cantamos xuntos

Cando todas estas voces se xuntan xorden cousas marabillosas...Nas tres seguintes diapositivas tres exemplos diferentes...

O primeiro deles: unha fantástica versión do Hallelujah de G.F. Haendel.

O segundo, algo máis moderno, un espiritual negro (a partires do minuto 1:00) Joshua, battle of Jericho.

E, finalmente, outra dos fantásticos Pentatonix...

15

HALLELUJAH G.F. HAENDEL

16

THE BATTLE OF JERICHO

17

PENTATONIX

18

As voces humanas

Agardo que esta presentación vos resulte útil... e que os exemplos foran do voso agrado.

GRACIAS

educaplay suscripción