Os adverbios (D)Versión en línea Test sobre o coñecemento dos adverbios. por Mª José Sánchez Ruibal 1 Que expresan os adverbios? a Nomean seres vivos ou obxectos b Describen persoas, animais ou obxectos c Describen lugares d Onde, cando ou como se producen os feitos 2 Que indican os adverbios de modo? a Cando se realiza unha acción b Como se realiza unha acción c Onde se realiza unha acción d Quen realiza a acción 3 Cales son os adverbios na oración seguinte: " Onte vin un anuncio que me gustou moito" a Onte e vin b Gustou e anuncio c Onte e moito d Vin e moito 4 Cales destes adverbios son de lugar? Escolle unha ou máis respostas a Dentro b Cedo c Preto d Ben 5 Cales destes adverbios son de modo? Escolle unha ou máis respostas a Estupendamente b Mal c Tarde d Ben 6 Que tipo de adverbio é AQUÍ? a Lugar b Tempo c Modo d Non é un adverbio 7 Que tipo de adverbio é ANTES? a Lugar b Tempo c Modo d Non é un adverbio 8 Cal é o adverbio nesta oración: " A nena tamén quere un anaco de tarta" a Nena b Tamén c Anaco d Un 9 Cal dos seguintes adverbios non é de tempo? a Antes b Xa c Rapidamente d Cedo 10 Cal é o adverbio nesta oración é de que tipo: " Agora marcho porque teño que coller o tren para ir a Vigo" a Agora: é de lugar b Agora: é de tempo c Marcho: é de modo d Vigo: é de lugar