Icon Crear Crear

CONCEPTO ECO

Ruleta de Palabras

Rosco de pasapalabra sobre conceptos relacionados coa Educación Ambiental.

Descarga la versión para jugar en papel

9 veces realizada

Creada por

España

Top 10 resultados

  1. 1
    Hugo
    Hugo
    06:47
    tiempo
    96
    puntuacion
  2. 2
    03:01
    tiempo
    92
    puntuacion
  3. 3
    Francisco Franco
    Francisco Franco
    03:52
    tiempo
    91
    puntuacion
  4. 4
    alberto
    alberto
    06:17
    tiempo
    62
    puntuacion
¿Quieres aparecer en el Top 10 de este juego? para identificarte.
Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

  1. tiempo
    puntuacion
  1. tiempo
    puntuacion
tiempo
puntuacion
tiempo
puntuacion
 
game-icon

CONCEPTO ECOVersión en línea

Rosco de pasapalabra sobre conceptos relacionados coa Educación Ambiental.

por Jose Manuel Veiga Lopez
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
W
X
Z
P

Comeza por A

Programa para o desenvolvemento sostible, froito do Cumio de Río en 1992. Resúmese nun texto de 40 capítulos, cuxo obxectivo principal é lograr o cambio de conduta que debe ter a humanidade con respecto á interacción co medio ambiente.

Comeza por B

Dise dunha substancia que pode descompoñerse a través de procesos biolóxicos realizados por acción da dixestión efectuada por microorganismos aerobios e anaerobios.

Comeza por C

Presencia de sustancias ou axentes nocivos no medio ambiente.

Comeza por D

Modelo de desenvolvemento que busca satisfacer as necesidades presentes sen comprometer as das futuras xeracións..

Comeza por E

Fontes de enerxía que se obteñen de fontes naturais e se rexeneran de forma continua.

Comeza por F

Conxunto de animais que habitan nun determinado lugar.

Comeza por G

Dióxido de carbono, metano e outras substancias que se atopan na troposfera e que actúan como un teito que controla o ritmo de escape da calor de sol, desde a superficie terrestre.

Comeza por H

Lugar ou área ecoloxicamente homoxénea onde se cría unha planta ou animal determinado. Sinónimo de biotopo.

Comeza por I

Alteración do medio ambiente causada pola acción humana ou natural.

Comeza por J

Nome científico da nogueira que produce noces non comestibles para os seres humanos.

Comeza por L

Especie animal autóctona da Península Ibérica da familia dos felinos que se atopa en perigo de extinción.

Comeza por M

Siglas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Comeza por N

O quecemento global está provocando o desxeo dos casquetes polares e en consecuencia o aumento do...

Comeza por O

Gas que forma unha capa da estratosfera e se encarga de xogar un papel de barreira protectora contra as radiacións solares e permite tamén o paso da luz ultravioleta, necesaria para a vida.

Comeza por P

Área natural pouco transformada pola explotación ou ocupación humana que posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos cuxa conservación merece unha atención preferente. En Galicia hai 6 espazos protexidos con esta distinción.

Comeza por R

Proceso de transformar materiais usados en novos produtos para reducir o consumo de recursos naturais.

Comeza por S

Capacidade de mantener un equilibrio no uso dos recursos naturais para non agotalos.

Comeza por T

Característica que implica a presenza da Educación Ambiental en tódolos ámbitos: social, educativo, empresarial e institucional.

Comeza por U

Proceso de transformación de un área rural en una zona urbana con infraestructuras y servicios.

Comeza por V

Espazo empregado para verter ou desbotar residuos no medio ambiente de forma inadecuada.

Comeza por W

Siglas da maior organización internacional independente dedicada á defensa da natureza e o medio ambiente.

Comeza por X

Proceso de reestruturación das relacións sociais no espazo polo que distintos sectores da poboación con maior capacidade económica se apropian de espazos urbanos que presentan certas calidades desexables: zonas verdes, equipamentos, ubicación, etc.

Comeza por Z

Siglas da categoría de área protexida catalogada polos Estados membros da Unión Europea como «zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción».

Comeza por P

BONUS: Indicador do impacto ambiental xerado pola demanda humana que se fai dos recursos existentes nos ecosistemas do planeta, relacionándoa coa capacidade ecolóxica da Terra de rexenerar os seus recursos.

educaplay suscripción