Función de relaciónVersión en línea Test sobre o sistema nervioso e o endocrino. por Paula Veiga Varela 1 Que parte do cerebro controla o impulso sexual? a O bulbo raquídeo b Hipotálamo c Cerebelo 2 Que célula da glía capta neurotransmisores? a Astrocitos b Células de Schwann c Microglía 3 Con que parte da neurona se corresponde o número dous da imaxe? a Axón b Dendrita c Soma 4 Cal é a meninxe máis interna? a Duramadre b Aracnoides c Piamadre 5 Cal destas é unha función do cerebelo? a Manter o equilibrio b Control do latexo cardíaco c Fagocitar restos celulares 6 Que glándula endocrina produce insulina? a Tiroides b Cápsula suprarrenal c Páncreas 7 Cal destas non é unha glándula producida pola cápsula suprarrenal? a Mineralcorticoides b Adrenalina c Glucagón 8 Cal é a función da hormona LH Luteizante? a Estimular a ovulación e a secreción de proxesterona b Estimular a produción de espermatozoides c Activar a hipófise para que actúe 9 Cal non é unha hormona do "stress"? a Adrenalina b Hiperactina c Noradrenalina 10 Cal destas hormonas actúa sobre os espermatozoides? a Estróxenos b FRH c Testosterona 11 Cal destas definicións non se corresponde coa de sinapse? a Unión funcional entre dúas neuronas b Unión funcional entre unha neurona e unha célula da glía c Unión funcional entre unha neurona e unha célula muscular 12 Cal destas afirmacións é correcta? a A substancia branca ocupa a rexión central da medula b A substancia branca está formada polos corpos das neuronas c A substancia branca sitúase na periferia da medula 13 Cantos pares de nervios craneais hai? a 31 b 12 c 15 14 Que neuronas conducen os impulsos nerviosos desde os receptores sensoriais ós centros nerviosos? a Neuronas sensitivas b Neuronas multipolares c Neuronas eferentes 15 Que parte sinala o número 5 da imaxe? a Terminal axómico b Membrana postsináptica c Fenda sináptica