Medos e arrepíos-Lembranzas Versión en línea Repaso vocabulario dos temas 3 e 4. por Xisela Minia Saínza Mercedes Fuciños Vázquez A B C D E F H I L M N O P Q R S T V Z Comeza por A Nome propio de persoa. Contén B Alteración do ánimo ocasionada por un perigo inminente, por unha sensación de inseguridade real ou imaxinaria etc. Comeza por C Que non ten coraxe ou valor para facer fronte a un perigo ou algo que o require. Comeza por D Que actúa sen ningún temor. Sinónimo: temerario Comeza por E Traer á memoria. Lembrar, recordar. Contén F Que ten ou amosa afouteza. Valente, Comeza por H Que causa horror. Horroroso, horrible. Comeza por I Que non manifesta medo ante un perigo ou algo que poida asustar. Contén L Que actúa con valentía. Afouto, valoroso. Comeza por M Que sente medo con frecuencia, aínda que non haxa perigo real. Medroso. Contén N Que produce arrepío. Horripilante. Comeza por O Que ten ou manifesta ousadía. Valente, afouto Comeza por P Medo moi intenso, xeralmente sen fundamento real e a miúdo de carácter colectivo. Terror, horror, pavor. Contén Q Que esquece facilmente. Comeza por R Actitude de quen desconfía de algo ou de alguén, por temer algún perigo, un engano ou por ter algunha sospeita. Comeza por S Impresión pasaxeira de medo ou sobresalto, causada por algo que ocorre de maneira inesperada. Comeza por T Que amosa unha valentía imprudente ou que manifesta tal actitude. Destemido. Contén V Medo intenso. Horror, espanto. Contén Z Pegada que algo do pasado deixa na memoria e que vén a ela nun momento determinado.