Icon Crear Crear

Adiviña a norma

Test

Le os artigos devagar e adiviña a norma de onde están tirados.

Obtén la versión para jugar en papel

Edad recomendada: 21 años
215 veces realizada

Creada por

España

Top 10 resultados

  1. 1
    01:02
    tiempo
    100
    puntuacion
  2. 2
    03:11
    tiempo
    100
    puntuacion
  3. 3
    03:24
    tiempo
    100
    puntuacion
  4. 4
    03:39
    tiempo
    100
    puntuacion
  5. 5
    03:42
    tiempo
    100
    puntuacion
  6. 6
    04:05
    tiempo
    100
    puntuacion
  7. 7
    04:17
    tiempo
    100
    puntuacion
  8. 8
    04:41
    tiempo
    100
    puntuacion
  9. 9
    04:43
    tiempo
    100
    puntuacion
  10. 10
    04:57
    tiempo
    100
    puntuacion
¿Quieres aparecer en el Top 10 de este juego? para identificarte.
Crea tu propio juego gratis desde nuestro creador de juegos
Compite contra tus amigos para ver quien consigue la mejor puntuación en esta actividad

Top juegos

  1. tiempo
    puntuacion
  1. tiempo
    puntuacion
tiempo
puntuacion
tiempo
puntuacion
 
game-icon

Adiviña a normaVersión en línea

Le os artigos devagar e adiviña a norma de onde están tirados.

por Carlos Valcárcel Riveiro
1

O currículo dos ciclos formativos incorporará un módulo profesional de lingua estranxeira naqueles ciclos formativos en que así se dispoña na norma pola que se establece o título.

2

A lingua castelá ou a lingua cooficial só se utilizarán como apoio no proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira. Priorizaranse a comprensión e a expresión oral.

3

O consello escolar é o órgano de participación no control e goberno das escolas oficiais de idiomas por parte dos distintos sectores da comunidade educativa

4

Os funcionarios dos corpos de catedráticos de ensino secundario e de profesores de ensino secundario das especialidades docentes de linguas estranxeiras poderán excepcionalmente impartir ensino das linguas respectivas na etapa de educación primaria, en aplicación do disposto na disposición adicional sétima da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

5

Os centros incluirán, en todo caso, na oferta de materias optativas a cultura clásica e obradoiro de iniciativas emprendedoras, que poderán ser cursadas no terceiro ou no cuarto curso; e a segunda lingua estranxeira, que poderá ser cursada en terceiro e en cuarto curso, tal como figura no anexo III.

6

O alumnado dos cursos primeiro e segundo que presenten dificultades continuadas no seu proceso de aprendizaxe, e que de acordo co artigo 5.f) da Orde do 6 de setembro de 2007, non curse neses anos a materia común de segunda lingua estranxeira, será valorado, de xeito cualitativo, no progreso nas actividades de reforzo que estea desenvolvendo. Nos documentos de avaliación figurará coa mención de exenta/o.

7

Lingua Estranxeira. ESO/BTO: Licenciado en Filoloxía, Filosofía e Letras (Sección Filoloxía), Tradución e Interpretación, na lingua correspondente.Calquera titulación de Licenciado da área de Humanidades ou Graduado da rama de coñecemento de Artes e Humanidades e acreditar unha experiencia docente ou unha formación superior adecuada para impartir o currículo, e o dominio da lingua.

8

Os centros educativos ofertarán, en calquera das modalidades que impartan, as materias optativas seguintes: música, segunda lingua estranxeira e tecnoloxías da información e comunicación.

9

A Administración educativa fomentará a impartición de materias en lingua(s) estranxeira(s), principalmente en inglés, co obxectivo de que, de maneira progresiva e voluntaria, os centros educativos poidan chegar a ofrecer ata un máximo dun terzo do seu horario lectivo semanal en lingua(s) estranxeira(s).

10

Nas ensinanzas de formación profesional específica, ensinanzas artísticas e deportivas, desenvolveranse as habilidades de comunicación oral e escrita en lingua(s) estranxeira(s), de maneira progresiva e gradual, para facilitar o desempeño laboral no espazo europeo.

11

Para grupos de máis de 25 alumnos, na área de ciencias da natureza e as materias de física, química, bioloxía e xeoloxía, poderase desdobrar unha hora á semana para a realización de prácticas de laboratorio. Esta medida irase aplicando pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nas materias ou áreas da lingua estranxeira en función das dispoñibilidades do profesorado e dos recursos materiais dos centros.

12

Para cursar unha primeira lingua estranxeira, que xa fose cursada na etapa anterior como primeira lingua, non será de aplicación o número mínimo exixido de cinco estudantes.

13

As Administracións educativas poderán, así mesmo, establecer sistemas nos que as materias non lingüísticas se impartan exclusivamente en lingua castelá, en lingua cooficial ou nalgunha lingua estranxeira, sempre que exista oferta alternativa de ensino sostido con fondos públicos na que se utilice como vehicular cada unha das linguas cooficiais.

14

Estableceranse medidas de flexibilización e alternativas metodolóxicas no ensino e avaliación da lingua estranxeira para o alumnado con discapacidade, en especial para aquel que presentar dificultades na súa expresión oral. Estas adaptacións en ningún caso se terán en conta para minorar as cualificacións obtidas

15

Os centros plurilingües iniciarán a impartición do programa de plurilingüismo no primeiro curso de cada etapa e desenvolverano ao longo dela.

16

Os centros realizarán a oferta do módulo profesional de Segunda lingua estranxeira para os ciclos formativos en que así se establece no correspondente currículo, consonte os recursos dispoñibles, de entre os seguintes: alemán, francés, italiano e portugués.

17

As probas correspondentes ao nivel intermedio e avanzado serán elaboradas por equipos de redactores designados pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Estas probas elaboraranse seguindo o correspondente documento de especificacións e irán acompañadas dos solucionarios correspondentes.

18

O alumnado que no segundo curso de bacharelato desexe cambiar o idioma da materia común lingua estranxeira poderá incorporase ás ensinanzas da lingua estranxeira II coa autorización do director do centro e sempre que curse simultaneamente a materia de primeiro curso.

19

Módulo de competencia comunicativa e dixital II: incluirá os aspectos básicos do currículo das materias de lingua galega e literatura, de lingua castelá e literatura, e de primeira lingua estranxeira.

20

O alumnado que participe nunha sección bilingüe cursará obrigatoriamente a lingua estranxeira da devandita sección, a excepción do alumnado que estea a cursar un ciclo de formación profesional, ao abeiro do Decreto 114/2010, do 1 de xullo (DOG do 12 de xullo).

educaplay suscripción