Dialogos galegosVersión en línea Secuencia de dialogos por María Isabel García Narradora Dous irmáns que dormen no mesmo cuarto espertan no medio da noite por mor dunha treboada. André Mariña, teño medo! Mariña Eu tamén! André Imos durmir con papá e mamá? Mariña Pois vamos! André Pero teríamos que saír da cama... Mariña E atravesar o corredor... André Co frío que vai! Mariña Co escuro que está todo! Narradora De súpeto, óense máis tronos. André E cos tronos estourando e os raios caendo sen parar... Mariña Sabes o que che digo, André? Prefíroche pasar algo de medo e non moverme da cama! André Pois eu igual! Mariña Pensándoo mellor, que ben se está aquí ao quente, debaixo das mantas! André Canta razón tes! A min xa case me pasou todo o medo que tiña. Mariña E a min.