Observa este conxunto de instrumentos do Renacemento, e escolle as afirmacións correctas.
A.
A familia da frauta de bico, que gozou de moitos adeptos durante o Renacemento, pertence ós instrumentos de vento madeira.
B.
A familia da frauta de bico, que gozou de moitos adeptos durante o Rexurdimento, pertence ós instrumentos de vento madeira.
C.
A frautas de bico só acadan a tesitura de soprano e contralto. Eses contomelos tan grandes que soan tan graves é imposible que sexan frautas.
D.
As frautas, coma case tódalas familias de instrumentos, constan de instrumentos que van dende a tesitura aguda ata a grave.
E.
Esta peza responde ó tipo de danza.
F.
Esta peza responde ó tipo do romance.
4.
O canto gregoriano, que tamén atoparedes polo nome de canto plano (porque non leva acompañamento ningún), responde á textura de:
A.
Contrapunto
B.
Monodia ou monofonía
C.
Homofonía
D.
Mono ou homo sapiens
5.
Escolle o enunciado verdadeiro.
A.
Durante o Renacemento, toda a música relixiosa tiña que ser en latín independente da rama do cristianismo de que se tratase.
B.
Durante o Renacemento, e trala Reforma luterana, a música relixiosa do catolicismo era en latín, e a protestante, nas linguas vernáculas.
6.
Entre que parellas de notas hai un semitón?
A.
Mi-Fa#
B.
Mib-Fa
C.
Fa#-Sol
D.
Lab-Sol
7.
Os trobadores medievais foron xente culta e de boa orixe social. Escribían cantigas por pracer e empregaban as súas linguas vernáculas.
A.
Verdadeiro
B.
Falso
8.
J.S. Bach e G.F. Haendel son dous dos máis importantes compositores...
A.
... da Idade Media.
B.
... do Renacemento.
C.
... do Barroco.
D.
... do trap.
9.
Antonio Vivaldi foi un célebre compositor do Barroco italiano. Destacou tanto na ópera coma na música relixiosa e na instrumental. A el pertencen as Catro estacións, catro concertos para violín solista e orquestra, do primeiro dos cales (titulado "A primavera) 3ºC interpretará un fragmento.
A.
Verdadeiro
B.
Falso
10.
Os motetes de Palestrina, compositor do Renacemento, xa estaban concibidos para polifonía a...
A.
... voces de idéntica tesitura.
B.
... coro de castrati.
C.
... coro de voces mixtas, masculinas e femininas.
D.
... coro de voces mixtas, masculinas e infantís ou brancas.