"Mara ten unha media rota". "Non!, o que pasa é que teño unha deda curiosa".
"Mara viste cun mantel". "Non!, levo un vestido de cadros para xogar ao xedrez".
" A Mara róxenlle as tripas". "Non!, e que teño unha orquestra na barriga".
"Mara calza zapatos vellos!". "Non!, é que son zapatos viaxeiros".
"Mamá, ti cres que eu son unha orelluda?". "Non, filla, tes orellas de bolboreta". "E como son as orellas de bolboreta?".