Non perde a cabeza de milagre, porque sempre está a perder cousas.
Fortachón e bo compañeiro. É tocaio do Rei de España.
Se fixese as cousas máis amodo aínda as faría mellor. O fútbol é a súa paixón.
Non é tan bo xogando como Ronaldo pero nós preferímolo como compañeiro.
Gústanlle os corazóns. Será porque ela o ten ben grande.
Gústalle ler e actuar. O seu nome, desordenado pode ser a rula.
Non é M.
Rima con Graciela pero non é ela.
Rima con Daniela pero non é ela.
É de Suxo, non de Ozón, e querémola un montón.
Non é L.
O seu nome, desodenado, pode ser anxia.
Brillaba como o sol. Pon un sinónimo de brillaba e xa tes o seu nome.
É calado e discreto pero cando el ri, rimos todos coa súa risa contaxiosa.
Mentres o profe explica unha suma, el vai a Xúpiter e volve.