1
Tipo de préstamos que manteñen a forma orixinal que tiñan na lingua de procedencia.
2
Palabras que se apartan do estándar e son propias dunha zona concreta.
3
Este tipo de narrador coñece todos os detalles da historia, mesmo dos pensamentos e os sentimentos dos personaxes.
4
Tipo de descrición dunha persoa onde se esaxeran os trazos co fin de ridiculizala.
5
Lingua que está en situación de desvantaxe ou desequilibrio con respecto a outra do mesmo territorio
6
Se eu quero formular unha petición a un organismo oficial teño que elaborar este documento
7
Espazo lingüístico formado polos países que teñen como lingua oficial o portugués.
8
Oracións construídas co verbo ser + participio
9
Documento en que se refiren unha serie de datos, feitos e conclusións sobre unha persoa ou un asunto determinados.
10
Narración literaria extensa e complexa en que se conta unha historia ficticia nun determinado marco espazao-temporal.