Crear juego
Jugar Ruleta de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Comeza por  
A
Muller nada no Ferrol en 1916. Foi a primeira muller oceanógrafa de gran proxección internacional. Primeira muller que estivo nun buque científico da armada inglesa. Foi homenaxeada no Día da Ciencia pola Real Academia Galega de Ciencias en 2015. O astilleiro Armón Vigo en 2012, construíu e botou ao mar un buque oceanográfico co seu nome.
Comeza por  
B
Segundo apelido da escritora, xornalista, editora e catedrática coruñesa que foi rexeitada ata en tres ocasións para ocupar un posto de membro na Real Academia Española
Comeza por  
C
Nome dunha muller ferrolá do século XIX que foi xurista, escritora, xornalista e loitadora pola igualdade das mulleres, que se disfrazou de home para poder acceder á universidade neste século. Autora de Manual del visitador del pobre, escrita a partir da súa experiencia como visitadora e inspectora de cárceres de mulleres .
Comeza por  
D
Primeiro apelido da escritora, poeta, oradora e feminista galega que publicou unha obra cuxo primeiro poema é “En defensa das mulleres”.
Comeza por  
E
Primeiro apelido da escritora, poeta, oradora e feminista galega que publicou unha obra cuxo primeiro poema é “En defensa das mulleres”.
Comeza por  
F
Apelido dunha muller matemática e astrónoma galega nada en Ourense en 1914 que foi a primeira muller en defender unha tese de astronomía en España titulada Observacións de pasos por dúas verticais, e dirixida por Ramón María Aller.
Comeza por  
G
Primeiro apelido dunha muller galega que xunto con Elisa Sánchez Loriga conseguiron ser o primeiro matrimonio de mulleres rexistrado en España en 1901 despois de que Elisa tivese que adoptar unha identidade masculina para poder burlar a lei. Remataron descubertas e tiveron que fuxir cara a Portugal, Arxentina e México.
Comeza por  
H
Primeiro apelido da segunda muller homenaxeada polo Día das Letras Galegas. Foi a primeira muller elixida membro da RAG (aínda que non chegou a tomar posesión).
Comeza por  
I
Nome da navegante galega nada en Pontevedra en 1567 que foi a primeira muller que ostentou o cargo de almirante na historia da navegación.
Contén  
J
O seu nome contén esta letra. Nome dunha pintora galega surrealista que foi mestra en Ávila de Debuxo e Cerámica.
Comeza por  
K
Nome artístico dunha cantante galega, moi vinculada co folclore, nada en Arzúa en 1942 cuxo nome real é María Dolores Casanova González. En 1969 estivo a piques de ser a primeira muller galega en representar a TVE en Eurovisión, mais finalmente foi Salomé quen interpretou “Vivo cantando”.
Comeza por  
L
Apelido da segunda muller española en escalar o Everest, nada en Vigo en 1964. Tras escalar o Cho Oyu esta viguesa lanzouse á aventura e intentou escalar o Everest sen osíxeno. Conseguiu tocar a cima o 26 de maio, aínda que para baixar si que o precisou durante unhas dúas horas, motivo polo que non figura nos libros como ascenso sen osíxeno.
Comeza por  
M
Muller galega nada no século XIII en Coirós (Coruña). Foi unha soldadeira galega, que aparece en varias cantigas de Escarnio e Maldicir
Comeza por  
N
Apelido unha muller galega natural de Bergondo, nada en 1911 que se salvou do exterminio nazi e chegou a crear unha listaxe sobre os galegos mortos nos campos de concentración nazis. Foi detida en 1939 por pertencer ás xuventudes socialistas e trasladada ao cárcere de mulleres. O goberno francés condecorouna en 1959 coa Médaille Militaire. Obtivo o título de “Chevalier” da lexión da Honra en 1960. En 1968 participou na creación do Partido Comunista de Galicia.
Comeza por  
O
Apelido dunha mestra galega, nada en Redondela en 1890, que asinou en 1933 xunto coa inspectora María Cruz Pérez o manifestó de inteclectuais a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia, sendo elas as dúas as únicas mulleres asinantes
Comeza por  
P
Primeiro apelido da muller galega nada ao redor de 1556, que serviu de nome para o buque que levou a vacina da varíola a América impulsada por Isabel Zendal. Esta muller foi unha heroína que salvou a cidade da Coruña das tropas inglesas
Comeza por  
Q
Segundo apelido da primeira arquitecta galega nada na Cañiza en 1911
Comeza por  
R
Apelidos da mestra e inventora da Enciclopedia Mecánica, que aínda que naceu en Vilamartín, León en 1895, pasou a maior parte da súa vida en Ferrol, precursora do libro electrónico, implantou novos xeitos de aprender baseados na experiencia e non tanto na memorización.
Comeza por  
S
Primeiro apelido dunha muller galega nada n´Agolada en 1968 que foi homenaxeada en 2009 nos Premios María Josefa Wonenburger. Está considerada unha das maiores expertas internacionais na investigación do melanoma.
Comeza por  
T
Segundo nome dunha muller galega nada no Carballiño en 1948, que foi nomeada catedrática e directora do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular IV da Universidade Complutense dende 1986 e homenaxeada en 2008 co Premio María Josefa Wonenburger. Ten centrado a súa investigación nas enfermidades neurodexenerativas como o párkinson ou o alzheimer. Foi a primeira muller na historia en ser Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.
Comeza por  
U
Segundo apelido dunha muller galega nada en Vilagarcía de Arousa en 1937 que acadou o Premio Internacional de Intervención no Patrimonio Arquitectónico AADIPA polo seu traballo de recuperación paisaxística do contorno do Mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume e foi homenaxeada cos premios María Josefa Wonenburger en 2015
Comeza por  
V
Segundo nome, despois de María, dunha profesora e escritora en lingua galega, autora de Mar adiante (1973), Leonardo e os fontaneiros (1986), Anagnórisse (1988), Guedellas de seda e liño( 1999). Foi a cuarta muller homenaxeada polo Día das Letras Galegas. Firme defensora dos dereitos dos animais. Apaixonada polos idiomas e que falaba latín, árabe, portugués, francés, español, catalán, éuscaro, italiano, galego, español, un pouco de ruso e tamén do romanés
Comeza por  
W
Apelido dunha muller galega, nada en Oleiros en 1927 que foi unha matemática e investigadora de renome internacional que traballou no campo da álxebra.
Comeza por  
X
Nome dunha poeta galega nada en Sarria, Lugo, en Xela Arias en 1962, autora de Intempériome, Tigres coma cabalos, Darío a diario ou Denuncia do equilibrio, soe adscribirse á corrente “poesía de muller” xunto con poetas como Iolanda Castaño ou Olga Novo.
Contén  
Y
O seu segundo nome contén esta letra. Muller nada en Taboada en 1934. É pioneira dos estudos da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona húmida e temperada de España e no aproveitamento de materiais orgánicos residuais como fertilizantes. A súa carreira investigadora céntrase na Edafoloxía , estudo científico do solo. Foi merecedora do premio María Josefa Wonenburger en 2012.
Comeza por  
Z
Primeiro apelido da enfermeira galega nada en Ordes en 1773 que formou parte , xunto con 22 nenos portadores da varíola, da expedición que levou a vacina desta enfermidade a América a quen a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñeceu como a primeira enfermeira da historia en misión humanitaria