Crear juego
Jugar Ruleta de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Z
Comeza por  
A
Mamífero máis pequeno que o cabalo, pero coa cabeza máis grande e coas orellas máis longas, que se domestica facilmente e se utiliza desde antigo como animal de carga ou de tiro. O africano e o asiático salvaxes están en grave perigo.
Comeza por  
B
Mamífero que vive no mar e pode medir até 18 metros e que bota auga por un espiráculo.
Comeza por  
C
Introdución de substancias ou outros elementos físicos nun medio, que provocan que este sexa inseguro ou non apto para o seu uso. É unha das principais causas da morte de moitos animais.
Comeza por  
D
Destrución da vexetación forestal dun terreo que causa a desaparición de moitas especies.
Comeza por  
E
Animal de gran tamaño da sabana, moi querido polos seus cabeiros. A venda ilegal de marfil é a principal causa que ameaza a esta especie. Leva sempre a ducha incorporada.
Comeza por  
F
Resto petrificado dun ser orgánico morto.
Comeza por  
G
Animal terrestre máis rápido. É un felino
Comeza por  
H
Animal coa boca moi grande que pode tragar unha vaca enteira.
Comeza por  
I
Réptil que pode medir cerca de dous metros de longo, cunha gran papada e unha crista dentada polo lombo. Ten protección especial debido a que os humanos collen os seus ovos para comer e por mor da deforestación.
Comeza por  
K
Animal de pelo gris e marrón e o nariz negro. Gústanlle moito os eucaliptos e parece un peluche. Vive en Australia.
Comeza por  
L
Luz e calor producidas polas lapas que se desprenden dunha materia que arde e que destrúe os hábitats de moitos animais.
Comeza por  
M
Pequeno mamífero da familia dos mustélidos, de pelo castaño cunha mancha amarela tirando a branca no peito, que ten as plantas dos pés cubertas de pelo. Moitos críanse en gaiolas para faceren abrigos. Tamén é un nome de muller.
Comeza por  
N
Medio onde o home e o resto dos seres viven.
Comeza por  
O
Sentido que temos que aguzar se queremos escoitar aos animais.
Comeza por  
P
Ave mariña palmípede, de plumas brancas e negras (parece que leva smóking), torpe para andar, que non voa e se alimenta de peixes, ten como hábitat natural, especialmente, as zonas de clima polar e da cal existen moitas especies.
Comeza por  
Q
Nome que se lle da en español ao osprey. Ave rapaz moi grande, plumaxe marrón coa cola branca, ás de grande envergadura, e ollos e pico amarelos; aliméntase de prea, peixes e aves acuáticas, e habita nos cantís e nas beiras dos ríos.
Comeza por  
R
Anfibio que ten a pel lisa de cor verdosa ou parda anda a saltos é bo nadador e vive en lugares onde hai auga. Moitas especies están en perigo.
Comeza por  
S
Facer que algo ou alguén escape dun gran perigo ou da morte.
Comeza por  
T
Carnívoro da familia dos felinos que vive no sur da China. Hoxe en día non existe ningún que viva no seu hábitat natural.
Comeza por  
U
O que precisamos no mundo para coidar o planeta.
Comeza por  
V
Pequeno mamífero do tamaño dun furón e co pelo curto de cor parda, do que existen dúas especies. Empregan a súa pel para facer abrigos. Está en perigo pola perda do hábitat a introdución do homónimo americano.
Comeza por  
W
Cervo canadense de gran tamaño.
Comeza por  
X
Paxaro de cor parda no lombo, co rabo e a cabeza brancos e negros, as ás tamén brancas e negras cunha franxa amarela e a cara vermella.
Contén  
Z
Contén a z, cor do colector onde se bota o cartón.