Crear juego
Jugar Ruleta de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Cavidade interior do brazo, onde se une co tronco, oposta ao ombreiro. Pode ter peliños e a xente bótalle desodorizante.
Comeza por  
B
Parte da cara entre o nariz e a boca. Hainos moi variados.
Comeza por  
C
Parte traseira do pescozo.
Comeza por  
D
Cada unha das pequenas partes en que remata o pé e que ten unllas ao final.
Comeza por  
E
Parte carnosa que toca o dente.
Comeza por  
F
Parte lateral da cara que apertan moito algunhas avoas. Meixela.
Comeza por  
G
Parte interna do pescozo.
Comeza por  
H
Cada unha das dúas metades do cerebro.
Comeza por  
I
Dedo da man tamén chamado furabolos. Serve para limpar o nariz.
Comeza por  
L
Músculo presente na boca e que usa moito o alumnado nas clases.
Comeza por  
M
Especie de botón que sobresae das mamas, por onde as crías chuchan o leite. Teto.
Comeza por  
N
Articulación que une pé e perna. Tornecelo.
Comeza por  
O
Parte da cabeza que axuda a oír e que algúns elefantes empregan para voar.
Comeza por  
P
Membrana que cobre o ollo cando tes sono, cando queres camelar a alguén ou cando as clases se fan aburridas.
Comeza por  
Q
Parte baixa da cara, onde algúns deixan perilla.
Comeza por  
R
Cada un dos dous órganos do corpo que filtran e depuran o sangue. Tamén se lle chama así á parte baixa do lombo.
Comeza por  
S
Cada unha das dúas partes do peito feminino.
Comeza por  
T
Parte lateral da cabeza. Sen.
Comeza por  
U
Parte ósea externa de dedos e dedas, que non para de medrar.
Comeza por  
V
Abdome, barriga. Cavidade dos animais vertebrados que se sitúa entre o tórax e a pelve e contén todas as vísceras agás os pulmóns e o corazón.
Comeza por  
X
Articulación que divide a perna en dúas seccións. Onde se lesionan moito os futbolistas.
Contén  
Z
Remata en z. Órgano do olfacto.