Crear actividad
Jugar Relacionar Columnas

Fósil

Hidrosfera

Lonxitude

Fuso horario

Hemisferio

Latitude

Galaxia

Distancia entre calquera punto da Terra e o paralelo 0º ou ecuador. Mídese en graos, minutos e segundos.

Cada unha das metades nas que se divide a Terra. No hemisferio norte atópanse a maioría dos continentes mentres que no hemisferio sur predominan os océanos.

Restos de plantas ou animais antigos conservados nunha rocha. Tamén poden ser restos de pisadas ou outras marcas deixadas polos animais.

É a parte líquida da Terra. Componse de océanos, mares, lagos, xeos e augas subterráneas.

Distancia entre calquera punto da Terra e o meridiano 0º ou de Greenwich. Mídese en graos, minutos e segundos.

Conxunto de varias estrelas, nubes de gas, planetas,... unidos pola forza da gravidade. A nosa galaxia denomínase Vía Láctea.

Cada unha das vinte e catro áreas nas que se dividiu a Terra para un mellor aproveitamento da luz solar. Os fusos horarios adáptanse ás fronteiras dos países, por iso teñen forma irregular.