Crear juego
Jugar Ruleta de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Empieza por  
A
Toma de alimentos, acción de alimentarse.
Empieza por  
B
Mestura de saliva e alimentos triturados que se forma na boca e baixa pola farinxe e o esófago ata o estómago.
Empieza por  
C
Proceso no que os alimentos se someten a moi baixas temperaturas para conservalos.
Empieza por  
D
Proceso no que os alimentos se van rompendo en substancias cada vez máis sinxelas ata obter os nutrientes.
Empieza por  
E
Alimentos ricos en hidratos de carbono e graxas que proporcionan enerxía ao corpo (por exemplo: o pan, a pasta...)
Empieza por  
F
Materia que resulta do proceso de dixestión, fórmanse no intestino groso despois de que aos restos de quilo se lles extraia a auga e expúlsanse polo ano.
Empieza por  
G
Tipos de nutrientes que proporcionan moita enerxía e almacénanse no corpo. Poden ser de orixe vexetal ou animal.
Empieza por  
H
Tipo de nutrientes, son a fonte máis directa de enerxía. Entre eles están as féculas (nos cerais, legumes e patacas) e os azucres (nas froitas).
Empieza por  
I
Unha das partes do tubo dixestivo. Na súa parte final atópase o ano e é o lugar onde se forman as feces.
Empieza por  
L
Tipo de alimentos con función plástica, de orixe animal. Entre eles se atopan a leite, o queixo, os iogures...
Empieza por  
M
Tipo de nutrientes que regulan o crecemento e que son necesarios para o funcionamento do sistema nervioso, para a contracción muscular e para que o sangue coagule e peche as feridas.
Empieza por  
N
Substancias útiles dos alimentos, que se converten en enerxía e materia para o noso corpo. Hai distintos tipos: proteínas, hidratos de carbono, graxas...
Contiene la  
O
Alimentos que saen de árbores e plantas. A súa función é reguladora, polo que son ricas en auga, vitaminas e minerais. Recoméndase a inxesta de 3 a 5 porcións ao día. Entre elas están os amorodos, as laranxas...
Empieza por  
P
Tipo de nutrientes que producen o tecido corporal e son esencias para o funcionamento das células. Atópanse, por exemplo, na carne, no peixe, nos ovos...
Empieza por  
Q
Pasta de alimento que se forma no estómago cando os zumes gástricos se mesturan co bolo alimenticio.
Empieza por  
R
Alimentos ricos en auga, vitaminas e minerais que regulan o funcionamento do noso corpo. Entre eles están as froitas, as verduras...
Empieza por  
S
Método de conservación antigo, no que se elimina a auga dos alimentos (poñéndoos ao sol, prensándoos ou afumándoos) para evitar que se descompoñan.
Empieza por  
T
Un dos elementos que conforman o aparato dixestivo. Está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado e o intestino groso.
Contiene la  
U
Método de conservación moderno que se basea en quentar os alimentos sen provocar cambios no seu sabor e na súa composición para que a calor elimine gran parte dos descompoñedores.
Empieza por  
V
Tipo de nutrientes que se encargan de regular o funcionamento de moitos órganos, están presentes, por exemplo, nas froitas e verduras.
Contiene la  
X
Tipo de alimentos que non se clasifican en ningún grupo porque son ricos en moitos dos nutrientes doutros grupos, entre eles están por exemplo as patacas, as legumes, os froitos secos...
Empieza por  
Z
Substancia que segrega o estómago durante o proceso de dixestión. Ao mesturarse co bolo alimenticio forman o quimo.