1
Obra cumio da arte románica peninsular situada na catedral de Santiago de Compostela realizada polo Mestre Mateo.
2
Cuberta de forma semicircular e dividida en tramos mediante arcos faixóns.
3
Lugar onde os monxes copiaban os libros relixiosos e pergamiños da antigüidade.
4
Representación dun Cristo de corpo enteiro dentro dunha mandorla.
5
Característica das figuras arquitectónicas con aspecto ríxido e sen perspectiva.
6
Brazo máis curto da planta da igrexa que se cruza con outro máis longo.
7
Espazo da planta da igrexa na que se unen a nave central e o transepto.
8
Torre normalmente situada enriba do cruceiro.
9
Lugar onde se atopa o Santo Sepulcro de Xesucrito.
10
Conxunto de normas que explicaban como se debía organizar un mosteiro e como debían vivir os monxes e as monxas.