Crear juego
Jugar Test
1. 
Que é a publicidade?
A.
É un conxunto de estratexias orientadas só a dar a coñecer produtos e servizos da sociedade.
B.
É unha forma de comunicación persuasiva que pretende informar, e sobre todo, convencer aos destinatarios e destinatarias para que actúen de forma determinada.
2. 
En que medios de comunicación podemos atopar publicidade?
A.
Só en medios de comunicación como son : a televisión, a radio e Internet.
B.
No cine, na música, na prensa, na televisión e na radio.
C.
En todos os medios de comunicación.
3. 
Crees que a publicidade é boa para nós?
A.
Si
B.
Non
C.
Non estou seguro/a.
4. 
Cal é o medio de comunicación que máis utilizas?
A.
A televisión, a radio e o internet.
B.
Utilizo todos os medios de comunicación.
C.
Non utilizo ningún medio de comunicación.
D.
Utilizo todos os medios de comunicación menos a prensa.
5. 
Observa o seguinte vídeo e dinos que che transmite.
A.
Morriña e tristeza.
B.
Alegría e orgullo.
C.
Tradición, unión e historia.
D.
Todas as respostas son correctas.
6. 
Sabedes que é o sexismo? Marcar a resposta correcta.
A.
O sexismo é unha ideoloxía, comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas sen atender ao seu sexo.
B.
O sexismo é a tendencia a valorar as persoas según o seu sexo. Nesta tendencia diferenciamos dous xéneros: o masculino e o feminino, pero un destos xéneros ten máis valor social ca o outro.
7. 
Observar o catálogo de xoguetes e opinade sobre este.
8. 
Notas algún estereotipo de xénero no vídeo? Quen cociña nas vosas casas?
A.
Si, xa que o vídeo amosa a unha avoa cociñando cos seus netos pero debemos de preguntarnos porque non aparece un avó cociñando.
B.
Non, porque é unha imaxe cotiá do día a día.
C.
Na miña casa cociñan as mulleres e os homes.
D.
Na miña casa só cociña un xénero.
9. 
Estades de acordo coa imaxe?
A.
Non, estou en total desacordo posto que todos e todas podemos xogar co que queiramos.
B.
Si, estou de acordo posto que os nenos debemos de xogar con cousas de nenos ( coches, videoxogos,etc.) e as nenas con xoguetes de nenas ( cociñas, monecas,...).
10. 
Cales son os anuncios que máis vemos na televisión?
A.
Alimentación
B.
Produtos de hixiene e limpeza
C.
Automóbiles
D.
Outros