Crear juego
Jugar Test
1. 
Que característica NON pertence ao Reino Vexetal?
A.
Teñen nutrición autótrofa.
B.
As súas células teñen unha envoltura ríxida.
C.
Poden ser unicelurares ou pluricelulares.
D.
Respiran.
2. 
Os vexetais NON realizan a seguinte función:
A.
Relacionanse co medio.
B.
Producen residuos que expulsan ao exterior.
C.
Son capaces de xerar individuos semellantes a elas.
D.
Capturan glicosa para a respiración.
3. 
Cal das seguintes afirmacións sobre a fotosíntese é verdadeira?
A.
Produce dióxido de carbono e auga.
B.
Transforma a glicosa en enerxía.
C.
Precisa de pigmentos que están nos cloroplastos.
D.
Ocorre en todas as zonas expostas ao sol dos vexetais.
4. 
Cal destas afirmacións sobre a respiración é verdadeira?
A.
É un proceso de nutrición.
B.
Respiran os animais. As plantas, non.
C.
Os vexetais unicamente respiran de noite.
D.
Precisa da clorofila.
5. 
Que é o zume bruto?
A.
É o zume que se elabora nas follas.
B.
Móvese dende a raíz ás follas.
C.
Contén auga e azucres.
D.
É o zume que se extrae das laranxas.
6. 
Cal das seguintes afirmacións é incorrecta?
A.
As anxioespermas teñen flores máis vistosas que as ximnospermas.
B.
Os fentos teñen raíz, talo e follas.
C.
Os brións absorben auga por toda a súa superficie.
D.
As ximnospermas teñen flores e por tanto froitos.
7. 
Sobre as follas é certo que:
A.
A cara superior da folla chámase envés.
B.
Absorbe auga e sales minerais.
C.
A parte pola que se unen ao talo chámase pecíolo
D.
teñen 3 caras.
8. 
Que afirmación sobre as flores é incorrecta ?
A.
É o órgano reprodutor de ximnospermas e anxiospermas.
B.
O estame está formado por antera e firmamento.
C.
Poden ter unha parte masculina e outra feminina.
D.
O óvulo atópase no ovario.
9. 
Sobre a dispersión é certo que:
A.
As sementes maís pesadas se dispersan polo vento.
B.
As plantas sempre dispersan as sementes por si mesmas, sen intervención doutros seres vivos.
C.
Hai sementes que fan autostop e practican a autodispersión.
D.
Sirve para colonizar novos terreos.