Crear actividad
Jugar Ruleta de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
V
Empieza por  
A
Construción pegada á casa ou próxima a ela, que pode constar só de tellado ou ter ademais un cerrume, e que serve para gardar leña, o carro e outros apeiros e ferramentas.
Empieza por  
B
Parte ou zona que remata unha cousa, que a rodea ou constitúe o seu límite con outra cousa, xeralmente sobresaíndo dela.
Empieza por  
C
Lugar onde se encerran os cans.
Contiene la  
D
Construción de vidro ou plástico coa armazón de madeira ou ferro, onde se cultivan, para que produzan fóra da estación adecuada, hortalizas, legumes, flores etc.
Empieza por  
E
Sitio chan próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc.
Contiene la  
F
Pequena abertura na parede ou no teito dunha casa para dar luz, para ventilar ou para saír ao tellado.
Contiene la  
G
Parte da casa, xeralmente subterránea, ou construción independente onde se garda o viño ou outras bebidas e, ás veces, tamén onde se fai, xeralmente, para o consumo persoal.
Empieza por  
H
Construción rural, de forma xeralmente rectangular, feita sobre columnas e con moitas aberturas nas paredes para facilitar a ventilación, que se utiliza fundamentalmente para gardar o millo e outros produtos agrícolas.
Contiene la  
I
Abertura na parede para deixar entrar o aire e a luz, xeralmente cerrada con vidros.
Empieza por  
L
Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota.
Contiene la  
M
Conduto por onde sae o fume das cociñas, dos fornos, das máquinas etc., ao exterior
Contiene la  
N
Porta formada por táboas ou paus separados entre si e unidos aos traveseiros, que pecha o paso a unha propiedade.
Contiene la  
O
Lugar cuberto e cerrado onde se garda o gando, que forma unha construción á parte ou está no interior doutra.
Empieza por  
P
Lugar onde viven as pombas domésticas.
Contiene la  
R
Terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas e tamén nalgúns casos árbores froiteiras.
Empieza por  
S
Valo feito con varas e estacas cruzadas, arbustos, silvas, ramas etc
Empieza por  
T
Cuberta superior dunha casa, edificio ou outra construción, formada por unha estrutura de trabes en pendente, recuberta con tellas ou con outro material.
Empieza por  
V
Construción vertical non moi alta, de pedra, arame, terróns ou outro material coa que se cerra ou delimita un espazo.