1
Acción e efecto de estar recluídos na casa para impedir a propagación do virus
2
Os científicos denomínano covid-19 pero todos lle chamamos...
3
As persoas que dan positivo ou estiveron en contacto cun positivo deban gardar...
4
Ao facer iso podemos espallar o virus se non o facemos na cara interna do cóbado
5
Algúns din que foi este mamífero cuberto de escamas epidérmicas o que contaxiou o virus aos humanos
6
Epidemia que afecta unha área xeográfica extensa ou todos os individuos da comunidade; a OMS declarou que o coronavirus o é
7
O que debemos facer coas mans para evitar a transmisión do virus; poñer xabón
8
Son un dos grupos de risco neste virus (en plural)
9
Póñena na cara para protexerse os enfermos e persoal sanitario
10
Algúns din que foi este mamífero voador o que contaxiou o virus aos humanos
11
Os científicos andan na procura dela para solucionar o problema definitivamente
12
País no que comezou todo
13
Úsanse para protexer as mans e evitar contaxiar ou contaxiarse
14
Adxectivo, característica dos virus; tamén se di de algo que circula e se espalla moi rápido nas redes sociais (youtube, instagram...)