Crear actividad
Jugar Test
1. 
Que son os engrenaxes, eixes e correas?
A.
Operadores
B.
Transmisións
C.
Mecanismos
D.
Máquinas
2. 
Para que serve a panca?
A.
Para, aroveitando o peso do teu corpo cara a abaixo, subir algo moi pesado.
B.
Para subir obxectos arrastrándoos por unha rampla
C.
Para aumentar a forza apoiando unha barra sobre un punto de apoio.
D.
Para mover algo empregando bloques cilíndricos, diminuíndo o rozamento.
3. 
Que necesitan todas as máquinas?
A.
Enerxía de calquera tipo (mecánica, electricidade, combustible...)
B.
Forza humana
C.
Electricidade
D.
Un motor
4. 
Cando se produce unha corrente eléctrica?
A.
Cando vai frío e chove
B.
Cando dun obxecto a outro hai diferenza de carga, de moi positiva a moi negativa
C.
Cando hai carga eléctrica negativa e negativa
D.
Cando hai carga eléctrica positiva e positiva
5. 
Cales destos materiais son condutores? (Varias respostas)
A.
O ferro
B.
A goma
C.
A auga salgada
D.
O cobre
6. 
Que nome reciben nun circuito eléctrico os dispositivos que producen a corrente eléctrica?
A.
Receptores (bombilla, forno, motor eléctrico)
B.
Interruptores
C.
Cables condutores
D.
Xeradores (pilas, baterías, dinamos, placas fotovoltaicas)
7. 
De que está composto o campo magnético dun imán?
A.
De ferro
B.
De magnetismo eléctrico
C.
Dunhas liñas de forza que van dun polo ao outro
D.
De imantación
8. 
Para que serve un electroimán?
A.
Para que un imán funcione ou non funcione dependendo da corrente eléctrica que lle enviemos
B.
Para decorar
C.
Para que un imán funcione como unha batería
D.
Para dar corrente a unha bombilla
9. 
Para que serve o cadro eléctrico das nosas casa?
A.
Para encaixar neles interruptores ou enchufes e conectar os dispositivos eléctricos
B.
Para medir o consumo de enerxía eléctrica ao cabo dun mes
C.
Para cortar o paso da corrente ante calquera anomalía e protexer así os aparatos eléctricos que usamos
D.
Para levar a corrente por toda a vivenda a través de cables
10. 
Cales son as aplicacións dos electroimáns? (Varias respostas)
A.
Decoración (para a neveira)
B.
Timbres eléctricos
C.
Guindastres (grúas)
D.
Microscopios ou escáneres de resonancias magnéticas
11. 
Cales dos seguintes son receptores? (Varias respostas)
A.
Placa fotovoltaica
B.
Lámpadas
C.
Forno
D.
Motor eléctrico
12. 
Para que serve o interruptor dun circuito?
A.
Transportan a corrente eléctrica desde o xerador ata os receptores
B.
Acciónanse para permitir ou impedir o paso da corrente eléctrica por un cable
C.
Usan a enerxía eléctrica que lles chega polos cables e a transforman noutras enerxías
D.
Producen corrente eléctrica