Crear actividad
Jugar Rosco de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
I
M
N
O
P
S
T
U
V
W
Y
Empieza por  
A
Sistema de goberno que inclúe características de inestabilidade política, ineficacia e unha «mestura incoherente de trazos e prácticas autoritarias e democráticas».
Empieza por  
B
Siglas para referirse conxuntamente aos países emerxentes Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica.
Empieza por  
C
Organización internacional creada por un dos dous Tratados de Roma de 1957 (en vigor dende 1958), coa finalidade de crear un mercado común europeo.
Empieza por  
D
Réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta.
Empieza por  
E
Forma de organización social soberana e coercitiva, formada por un conxunto de institucións involuntarias, que teñen o poder de regulamentar a vida nun territorio determinado.
Empieza por  
F
Estado caracterizado pola falla de control e seguridade dentro do seu territorio; supoñen unha ameaza para a comunidade internacional.
Empieza por  
G
Proceso económico, tecnolóxico, social e cultural a grande escala, que consiste na crecente comunicación e interdependencia entre os diferentes países do mundo unificando os seus mercados, sociedades e culturas, a través dunha serie de transformacións sociais, económicas e políticas que lles dan un carácter global.
Empieza por  
I
Índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, que combina PIB, esperanza de vida e nivel de analfabetismo.
Empieza por  
M
Imperio de maior extensión territorial de todos os tempos.
Contiene la  
N
País ou territorio que está sometido política e socialmente, ou explotado economicamente, por outro nomeado metrópole, ou establecemento comercial.
Empieza por  
O
Organización internacional que supervisa un grande número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. Non forma parte da ONU.
Empieza por  
P
Valor monetario total da produción corrente de bens e servizos dun país durante un período (normalmente é un trimestre ou un ano).
Empieza por  
S
Órgano decisorio da ONU, configurado por 15 membros, dos que 5 son permanentes e teñen dereito de veto. Consello de...
Empieza por  
T
... asiáticos: economías altamente desenvolvidas de Hong Kong, Singapur, Taiwán e Corea do Sur que partindo dunha economía tradicional mantiveron elevadas taxas de crecemento económico e unha rápida industrialización entra a década de 1960 e a de 1990 e na actualidade son territorios desenvolvidos economicamente.
Empieza por  
U
Organización internacional constituída por 28 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade adoptou a súa nova denominación en 1992, co Tratado Tratado de Maastricht.
Empieza por  
V
O Estado máis pequeno do mundo, a nivel territorial.
Contiene la  
W
Estado non recoñecido por China popular, que ocupou o seu lugar no Consello de Seguridade.
Contiene la  
Y
Área urbana con maior cantidade de poboación do planeta actualmente.