Arma arreboladiza primitiva e lixeira que se lanza coa man (como unha xavelina) ou coa axuda dun propulsor, e que xeralmente ten a punta de hasta de cérvido, un hastil de madeira e, ás veces, tamén unhas plumas na parte final para estabilizar o voo, como se fai coas frechas.