Crear juego
Jugar Relacionar Columnas

Mapa sinóptico

Oceánico

Alisios

Subtropical

Gota fría

Sotavento

Avesedo

Diagrama ombrotérmico

Solleira

Mediterráneo continental

Barlovento

Anticiclón

Montaña

Continentalización

Aridez

Tropical marítima

Oceánico mediterráneo

Depresión

Polar marítima

Tropical continental

Centro de acción asociado á estabilidade atmosférica, con ventos en calma e ausencia de precipitacións

Masa de aire fría e húmida, que causa habitualmente inestabilidade na Península Ibérica.

Aba dunha montaña, habitualmente situada a resgardo dos ventos dominantes. En España, soen ser as abas orientais ou meridionais.

Dominio caracterizado, globalmente, polo incremento das precipitacións e redución das temperaturas.

Vertente tradicionalmente orientada cara ao Norte, máis fría e húmida

Efecto que produce unha maior rigorosidade no clima. Canto máis ao interior, maior oscilación térmica e maiores contrastes.

Mapa de isóbaras que indica a presión atmosférica en superficie e sirve de base para a predición meteorolóxica.

Dominio climático de transición en Galicia, que abrangue as depresións e vales interiores, onde a aridez estival é perceptible.

Centro de acción asociado a inestabilidade atmosférica, con ventos e risco de precipitacións

Situación meteorolóxica característica de finais de verán e comezos do outono, no litoral mediterráneo, caracterizada por precipitacións torrenciais.

Masa de aire cálida e húmida, asociada habitualmente ao anticiclón das Azores, e responsable do incremento da temperatura e de tempo habitualmente estable.

Dominio que en España se corresponde coa latitude das illas Canarias.

Dominio climático que se corresponde coa España verde (cornixa cantábrica e Noroeste).

Consecuencia da insuficiencia de precipitacións para manter un ambiente húmido.

Gráfico que expresa as características climáticas dun lugar concreto, atendendo ás precipitacións totais mensuais e as temperaturas medias acadadas.

Vertente tradicionalmente orientada cara ao Sur, máis cálida e seca.

Ventos do NL que, nas illas Canarias, orixinan o "mar de nubes" que cubre a fachada septentrional das illas máis elevadas.

Masa de aire cálida e seca, causante a meirande parte das veces de vagas de calor no verán na Península Ibérica.

Aba dunha montaña, habitualente orientada cara aos ventos dominantes. En España, soen ser as vertentes occidentais ou septentrionais.

Dominio climático da España interior, caracterizado polos contrastes térmicos e a escaseza de precipitacións anual.