Crear juego
Jugar Adivinanza

É o xiro que realiza a terra sobre sí mesma. Este movemento tarda 24 horas e ten como consecuencia o día e a noite.

É a representación da Terra nunha esfera. Permítenos observar o noso planeta tal como é, pero cun tamaño moito máis pequeno que o real. Nel podemos ver onde se sitúa cada páis e ata onde chegan os grandes océanos do noso planeta.

É o xiro que realiza a Terra arredor do Sol. Este desprazamento supón un tempo de 365 días e 6 horas; é dicir, un ano. Provoca a estacións do ano.

Son os dous extremos do planeta que están un pouco achatados.

É unha liña imaxinaria que atravesa a Terra polos polos e está un pouco inclinada

É unha liña imaxinaria que divide o planeta en dúas metades: o hemisferio norte e o hemisferio sur.

É un mapa que representa a superficie terra sobre un plano. Nel móstranse todo os continentes, mares e océanos da Terra, aínda que de forma menos exacta que no globo terráqueo.

É un debuxo que representa a tamaño reducido e visto desde arriba unha superficie non demasiado extensa, como unha localidade, un barrio, un edificio ou un cuarto.