Cal son algunhas das manifestacións condutuais máis frecuentes entre as persoas residentes de institucións sociosanitarias?
A.
Axitación, desconfianza, agresividade, fobia e estrañeza
B.
Aparencia física descoidada, compulsión e confianza
C.
Tranquilidade psicomotora e desinhibición
2.
Cales son os principais procesos cognitivos básicos dunha persoa?
A.
Senso-percepción, percepción, memoria e atención
B.
Imaxinación, linguaxe e pensamento
C.
Senso-percepción, percepción, memoria, atención, imaxinación, linguaxe e pensamento
3.
Cal son os principais procesos cognitivos superiores que posúe unha persoa?
A.
Senso-percepción, percepción, memoria e atención
B.
Imaxinación, linguaxe e pensamento
C.
Senso-percepción, percepción, memoria, atención, imaxinación, linguaxe e pensamento
4.
Cales son os principais procesos cognitivos básicos e superiores que posúe unha persoa?
A.
Senso-percepción, percepción, memoria e atención
B.
Imaxinación, linguaxe e pensamento
C.
Senso-percepción, percepción, memoria, atención, imaxinación, linguaxe e pensamento
5.
Cales son as principais afectacións cognitivas dunha persoa?
A.
A atención, a percepción e a memoria
B.
A imaxinación e a linguaxe
C.
O pensamento e a linguaxe
6.
Cales son os tres tipos de memoria dunha persoa
A.
A sensorial, a curto prazo e a longo prazo
B.
A alto, medio e baixo prazo
C.
A sensorial media, curta e longa
7.
A memoria a longo prazo declarativa está relacionada con
A.
Imaxes e palabras
B.
Imaxes principalmente
C.
Palabras unicamente
8.
Cales son as necesidades establecidas por Maslow na súa pirámide de necesidades?
A.
Necesidades sociais, de autoestima e de autorrealización
B.
Necesidade fisiolóxicas ou básicas, de seguridade e sociais
C.
Necesidade fisiolóxicas ou básicas, de seguridade, sociais, de autoestima e de autorrealización
9.
Cales son as alteracións emocionais máis frecuentes entre as persoas en situación de dependencia?
A.
A depresión e a ira
B.
A depresión e a ansiedade
C.
A ausencia de emocións
10.
A ____________ é unha reacción contraria á depresión, debido a que pon ao corpo en alerta e actívao para estar preparado e defenderse ante unha percepción de ameaza.
A.
Depresión
B.
Ansiedade
C.
Tristeza
11.
A _________________ é a alteración ou desviación do estado fisiolóxico nunha ou varias partes do corpo, por causas en xeral coñecidas, manifestada por síntomas e signos característicos, cuxa evolución é máis ou menos previsible.
A.
Enfermidade
B.
Saúde
C.
Convalecencia
12.
A _________________ é o estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente como a ausencia de afeccións ou enfermidades.
A.
Enfermidade
B.
Saúde
C.
Convalecencia
13.
A _________________ é o período no que a persoa se atopa coa afectación dunha enfermidade, accidente ou outro tipo de afectación e durante o cal os seus órganos e funcións recupéranse ata o seu nivel normal ou óptimo.
A.
Convalecencia.
B.
Enfermidade.
C.
Saúde.
14.
O _________________ é unha mostra obxectiva, medible, en canto a unha enfermidade. Son os cambios que o médico ou a médica percibe.
A.
Signo
B.
Síntoma
C.
Símbolo
15.
O _________________ é unha mostra subxectiva en canto a unha enfermidade. Son os cambios que a persoa percibe.
A.
Signo
B.
Síntoma
C.
Símbolo
16.
A ____________________ é unha necesidade básica das persoas maiores que debe ser cuberta.
A.
Sexualidade
B.
Sensualidade
C.
Asertividade
17.
Cales son as principais áreas que se deberían traballar nunha institución sociosanitaria?
A.
O autocoidado e a autonomía
B.
O autocoidado, a autonomía, o tempo libre e a estimulación cognitiva
C.
A autonomía e a estimulación cognitiva
18.
Que son as Actividades Avanzadas da Vida Diaria (AAVD)?
A.
Refírense ao desenvolvemento, por parte da persoa, de actividades que lle permiten realizar o seu papel na sociedade
B.
Son actividades complexas porque requiren unha elevada autonomía para poder tomar decisións e interaccionar co medio exterior (por exemplo, manexar diñeiro, coller o autobús, chamar por teléfono, etc.)
C.
Son as tarefas máis básicas da vida que permite á persoa dependente desenvolverse con autonomía e independencia (por exemplo, o aseo persoal, as actividades domésticas, a mobilidade esencial, etc.)
19.
Que implica traballar a autodeterminación?
A.
Considerar á persoa como un todo, desde todas as súas áreas e considerando a súa capacidade de elección e a opinión acerca dos cambios e adaptacións que supoñen para a súa vida
B.
Que a persoa sexa capaz e teña a opción para decidir sobre o que a ela lle concirne
C.
As dúas respostas anteriores son correctas
20.
Que é o envellecemento fisiolóxico?
A.
A sucesión de cambios progresivos que se producen dentro do desenvolvemento evolutivo da persoa
B.
O proceso de envellecemento no que se desenvolven enfermidades de aparición inminente e con consecuencias adversas
C.
Está relacionado con enfermidades de tipo crónica e que modifican as características de funcionalidade e autonomía da persoa
21.
Que é o envellecemento patolóxico?
A.
A sucesión de cambios progresivos que se producen dentro do desenvolvemento evolutivo da persoa
B.
O proceso de envellecemento no que se desenvolven enfermidades de aparición inminente e con consecuencias adversas
C.
Está relacionado con cambios englobados dentro da transformación e a maduración do organismo
22.
Cal das seguintes características é propia das persoas vitalistas?
A.
Senten entusiasmo por todo
B.
Son hostís consigo mesmas e coas demais persoas
C.
Supoñen unha difícil intervención e unhas medidas e actuacións especiais ao resto de persoas
23.
Cal das seguintes características é propia das persoas pesimistas?
A.
Senten entusiasmo por todo
B.
Son hostís consigo mesmas e coas demais persoas
C.
Toman o mando das súas vidas
24.
Cal das seguintes características é propia das persoas vitalistas?
A.
Non teñen ben elaborada a situación de dependencia polo que expresan desconfianza ante as persoas que lles ofrecen axuda
B.
Adoitan expresarse con moita negatividade, con actitude derrotista ante a vida, e con moitas queixas
C.
Teñen un bo autoconcepto, o que lles fai ter boa relación coas demais persoas e consigo mesma
25.
Que tipo de deficiencias afectan ás persoas con problemas de visión, audición ou linguaxe?
A.
As deficiencias físicas
B.
As deficiencias sensoriais
C.
As deficiencias psíquicas
26.
A discapacidade ou diversidade funcional _______________ é o resultado dunha imposibilidade que limita ou impide o desempeño motor da persoa afectada
A.
Física
B.
Cognitiva
C.
Sensorial
27.
A discapacidade ou diversidade funcional ________________ corresponde a persoas con deficiencias visuais, ás persoas xordas e ás que presentan problemas na comunicación e a linguaxe.
A.
Física
B.
Cognitiva
C.
Sensorial
28.
A discapacidade ou diversidade funcional ________________ corresponde cun funcionamento intelectual inferior, coexiste con limitacións en: comunicación, coidado propio, vida no fogar, habilidades sociais, autodirección, saúde e seguridade
A.
Cognitiva
B.
Intelectual
C.
Sensorial
29.
Cal é o momento máis importante para a adaptación da persoa usuaria nun centro sociosanitario?
A.
Os cinco meses posteriores ao ingreso
B.
O momento do ingreso
C.
Os doce meses posteriores ao ingreso
D.
30.
Que se entende por autonomía?
A.
A capacidade de controlar, afrontar e tomar, por propia iniciativa, decisións persoais acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias así como de desenvolver as actividades básicas da vida diaria
B.
A capacidade única de controlar, por propia iniciativa, decisións persoais acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias así como de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
C.
A capacidade única de tomar, por propia iniciativa, decisións persoais acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias así como de desenvolver as actividades básicas da vida diaria.
31.
Cal é o obxectivo principal dunha institución sociosanitaria?
A.
Fomentar ou manter na persoa dependente o maior grao de autonomía persoal e participación social.
B.
Unicamente fomentar ou manter na persoa dependente o maior grao de autonomía persoal.
C.
Principalmente fomentar ou manter na persoa dependente o maior grao de participación social.
32.
Que tipo de orientación favorece o feito de colocar reloxos e grandes calendarios en gran parte das salas e habitacións do centro?
A.
A orientación espacial.
B.
A orientación temporal.
C.
Non favorece ningún tipo de orientación.
33.
O proceso de adaptación da persoa dependente á institución caracterizase por ser:
A.
Gradual.
B.
Progresivo.
C.
Gradual, progresivo e diferente en cada persoa.
34.
Cal das seguintes respostas se relaciona coas principais técnicas e estratexias que se levan a cabo nun centro para favorecer a interacción coas persoas dependentes e propiciar unha adaptación favorable?
A.
A animación sociocultural.
B.
A dinámica de grupos.
C.
A animación sociocultural e a dinámica de grupos.
35.
Cal das seguintes respostas se relaciona cunha das características das habilidades sociais?
A.
A súa presencia é clave para o desenvolvemento psicolóxico integral da persoa.
B.
Evitan a asimilación de roles sociais.
C.
Evitan a asimilación de normas sociais.
36.
Cal dos seguintes aspectos é importante ter en conta á hora do ingreso da persoa dependente nun centro sociosanitario?
A.
Evitar preguntarlle á persoa usuaria os medos e as inquietudes que teña ante a institución.
B.
Presentarlle á persoa usuaria o equipo técnico da institución e o resto de compañeiros e compañeiras, evitando favorecer que concorde con calquera destes o destas.
C.
Para paliar a desorientación, tentarase facer unha visita por todas as instalacións, explicándolle cal é cada unha das zonas.
37.
Cal é un dos factores que favorece a relación social da persoa dependente en institucións sociosanitarias?
A.
A exclusión da persoa en actividades programadas desde o centro.
B.
O desinterese da persoa usuaria no desempeño das actividades básicas da vida diaria.
C.
A interacción da persoa dependente con outras persoas usuarias e co persoal do centro.
38.
Cal das seguintes afirmacións sobre as técnicas favorecedoras da relación social é verdadeira?
A.
Usarase a animación sociocultural de modo grupal para promover a integración das persoas dependentes e para que a cohesión do grupo sirva como unha rede de apoio social.
B.
A forma de levar a cabo as intervencións será flexible, estática e inadecuada ás demandas das persoas dependentes.
C.
Primarase a intervención individual, xa que esta ten efectos beneficiosos sobre o desenvolvemento de competencias persoais.
39.
Que significa que as novas tecnoloxías benefician á persoa usuaria desde un punto de vista rehabilitador?
A.
Que supón adaptarse aos novos cambios e esixencias que ofrece as civilizacións modernas.
B.
Que lle permite realizar actividades a través da rede do mesmo xeito que outras persoas o fan.
C.
Que lles serve como estimulación cognitiva coas diferentes actividades que realice co uso do ordenador.
40.
É conveniente que a localización da institución sociosanitaria sexa:
A.
Accesible.
B.
Segura.
C.
As respostas A e B son correctas.
41.
Cal é un dos beneficios da utilización de apoios ou axudas visuais na institución sociosanitaria?
A.
Favorecer o proceso comunicativo e a integración social.
B.
Fomentar a dependencia de persoas con dificultade na comunicación.
C.
Evitar a orientación no espazo e no tempo.
42.
Cales son os tres tipos de motivacións principais que levan ás persoas a realizar a acción?
A.
Motivacións extrínsecas, intrínsecas e transcendentes.
B.
Motivacións simples, complexas e transcendentes.
C.
Motivacións básicas, avanzadas e mixtas.
43.
Que se entende por motivacións extrínsecas?
A.
Son aquelas que proveñen da contorna, que xorden dunha necesidade que expón a sociedade.
B.
Son as que nacen da propia persoa e buscan unha recompensa persoal, o desenvolvemento e consecución dun reto.
C.
Son aquelas que están relacionadas co trato coas persoas e da relación entre elas.
44.
Que se entende por motivacións intrínsecas?
A.
Son aquelas que proveñen da contorna, que xorden dunha necesidade que expón a sociedade.
B.
Son as que nacen da propia persoa e buscan unha recompensa persoal, o desenvolvemento e consecución dun reto.
C.
Son aquelas que están relacionadas co trato coas persoas e da relación entre elas.
45.
Que se entende por motivacións transcendentes?
A.
Son aquelas que están relacionadas co trato coas persoas e da relación entre elas.
B.
Son as que nacen da propia persoa e buscan unha recompensa persoal, o desenvolvemento e consecución dun reto.
C.
Son aquelas que proveñen da contorna, que xorden dunha necesidade que expón a sociedade.
46.
Con respecto á deontoloxía que debe rexer a actuación de cada profesional de atención sociosanitaria, irá englobada dentro dun criterio común, baseado en:
A.
Respecto e educación.
B.
Respecto, educación e defensa de dereitos humanos.
C.
Educación e respecto dos dereitos humanos.
47.
Cales son os papeis fundamentais nos que se basean as funcións do coidador ou da coidadora?
A.
Rol de coidador ou coidadora, rol informativo e rol de apoio emocional.
B.
Rol informativo e rol de apoio emocional.
C.
Rol de apoio emocional e laboral.
48.
Que se entende por rol informativo do coidador ou da coidadora en institucións sociosanitarias?
A.
É a persoa encargada de transmitir a información do exterior. Do mesmo xeito, trata de difundir entre as persoas usuarias a información relativa e xurdida no centro.
B.
Favorece o establecemento dunha relación de confianza e un sentimento de seguridade da persoa usuaria con respecto á súa situación, ao lugar en que se atopa e ás persoas polas que é atendida.
C.
Encárgase da acollida e recepción de persoas en situación de dependencia; participa en actividades hixiénico-alimentarias.
49.
Que se entende por rol de apoio emocional do coidador ou da coidadora en institucións sociosanitarias?
A.
É a persoa encargada de transmitir a información do exterior. Do mesmo xeito, trata de difundir entre as persoas usuarias a información relativa e xurdida no centro.
B.
Acompaña á persoa dependente e proporciónalle unhas condicións de estancia agradables a través dun trato próximo, amable e humano.
C.
Encárgase da acollida e recepción de persoas en situación de dependencia; participa en actividades hixiénico-alimentarias.
50.
Que se entende por rol de coidador ou coidadora en institucións sociosanitarias?
A.
É a persoa encargada de transmitir a información do exterior. Do mesmo xeito, trata de difundir entre as persoas usuarias a información relativa e xurdida no centro.
B.
Favorece o establecemento dunha relación de confianza e un sentimento de seguridade da persoa usuaria con respecto á súa situación, ao lugar en que se atopa e ás persoas polas que é atendida.
C.
Encárgase da acollida e recepción de persoas en situación de dependencia; participa en actividades hixiénico-alimentarias.
51.
Cales son os e as profesionais que desenvolven principalmente as actividades físicas nun centro de atención sociosanitaria?
A.
O/A terapeuta ocupacional e o médico ou a médica.
B.
O/A fisioterapeuta e o/a terapeuta ocupacional.
C.
O psicólogo ou a psicóloga.
52.
Frear ou previr o avance da deterioración das funcións intelectuais é a finalidade última das actividades:
A.
Cognitivas.
B.
Físicas.
C.
De expresión e comunicación.
53.
En que tipo de actividades se fará moito uso da música para expresar emocións, relaxarse e intervir con persoas con alteracións comportamentais?
A.
Cognitivas.
B.
Físicas.
C.
De expresión e comunicación.
54.
Que tipo de actividades son os encontros interxeracionais?