Crear juego
Jugar Test
1. 
"Irei andar ao monte a pesar de que chove" contén unha locución conxuntiva
A.
concesiva
B.
condicional
C.
consecutiva
D.
adversativa
2. 
Sinala a-s oracións causais
A.
Como non cheguei puntual non me deixou entrar
B.
Suspendín xa que non estudara
C.
Suspendín o exame, porén, aprobei a materia
D.
Suspendiches, conque mereces un castigo
E.
Conque non chegues a tempo marcho
3. 
"Ou vas ao cine ou vas ao teatro": os dous "ou" son conxuncións
A.
Coordinativas disxuntivas
B.
Coordinativas distributivas
4. 
"Vou solicitar un crédito malia que non cumpro os requisitos" contén unha subordinada
5. 
Non sabía o exercicio que debía facer", o "que" é
A.
Un pronome relativo
B.
Unha conxunción
C.
CD
D.
Un nexo
6. 
"Díxome Ana que aprobaras", o "que" é
A.
unha conxunción
B.
un pronome relativo
C.
un nexo
D.
Complemento Directo
7. 
"Vémonos cando me digas", "cando" é
A.
un pronome relativo adverbial
B.
unha conxunción temporal
C.
un nexo
8. 
"Ora ri, ora chora" é unha estrutura
A.
subordinada
B.
distributiva
C.
coordinativa
D.
disxuntiva
9. 
En "Avisa logo de que remates" hai unha subordinada
10. 
"Perante" significa
A.
durante
B.
diante de
C.
ante
11. 
En "Como me fartou colgueille" hai unha subordinada
A.
causal
B.
concesiva
C.
consecutiva
D.
condicional
12. 
Canda, onda, malia son
A.
conxuncións
B.
preposicións
13. 
"Segundo e conforme" son preposicións e tamén conxuncións
14. 
"Non viñeches antes conque vas quedar sen filloas": "conque" é unha conxunción
A.
Consecutiva
B.
Concesiva
C.
Condicional
15. 
"Vanse acabar as filloas como non veñas axiña" contén unha conxunción
A.
concesiva
B.
consecutiva
C.
condicional
16. 
"A pesar de que" é
A.
unha locución conxuntiva condicional
B.
unha locución conxuntiva concesiva
C.
unha locución prepositiva
17. 
En "Vai moito frío aínda que a ela non lle importa", "aínda que" é unha locución conxuntiva
A.
consecutiva
B.
concesiva
C.
causal
D.
adversativa
18. 
A casa onde nacín derrubouse, "onde" é
A.
Conxunción
B.
Pronome relativo
C.
Nexo
D.
C circunstancial
19. 
Este é o libro de que che falei, "que" é
A.
Relativo
B.
Conxunción
C.
Nexo
D.
Suplemento / Complemento Réxime
20. 
Quedamos onde me digas, "onde" é
A.
Adverbio
B.
Conxunción
C.
Relativo
D.
Nexo
21. 
Onde é a reunión? "onde" é
A.
Adverbio pronominal
B.
Conxunción
C.
Relativo
D.
Preposición
22. 
"Xalundes" é
A.
unha conxunción
B.
un adverbio de lugar
C.
unha preposición
D.
un xeado de limón