Crear juego
Jugar Test
1. 
Que é a materia?
A.
Cambio do estado da materia de líquido a gasoso por efecto da temperatura.
B.
É todo aquilo que teña peso e ocupe un lugar no espazo.
C.
Denomínase ao proceso de separación de partículas sólidas dun líquido utilizando un material poroso.
D.
Oxidación rápida que se produce a altas temperaturas e deixa como resultado final un residuo composto maiormente por sales minerais, chamado cinzas.
2. 
Cal é un dos estados da materia?
A.
Xelatinoso
B.
Nevado
C.
Sólido
D.
Xeado
3. 
Que é a calor?
A.
Paso de enerxía entre corpos a distinta temperatura
B.
Forma de enerxía. Propágase en liña recta, en todas as direccións e a gran velocidade
C.
Tipo de reacción química
D.
Oxidación moi rápida que ocorre cando unha substancia chamada combustible se combina co osíxeno e arde
4. 
Que son as mesturas?
A.
As mesturas son unha mestura de tomate con macarróns
B.
A súa composición varía. As mesturas están formadas por dous ou máis tipos de substancias puras que si se poden separar por métodos físicos
C.
As mesturas son como xeo, ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, é dicir, mantén o seu volume
D.
As mesturas son o paso de gas a líquido e ocorre por exemplo, cando o vapor de auga se converte en auga líquida e forma as nubes
5. 
Cando se forma a condensación?
A.
Cando se pasa de sólido a líquido
B.
Cando se pasa de líquido a sólido
C.
Cando se pasa de líquido a gas
D.
Cando se pasa de gas a líquido
6. 
Cales son os cambios de estado?
A.
Substancias puras, mesturas, mesturas homoxéneas e mesturas heteroxéneas
B.
Evaporación, filtración, decantación e destilación
C.
Condensación, solidificación, fusión e vaporación
D.
Oxidación, combustión e fermentación
7. 
Que é a destilación?
A.
Utilizanse cando a mestura é homoxénea e está formada por un líquido e un sólido, como sal disolvido en auga
B.
Mediante este sistema podemos separar mesturas heteroxéneas formadas por dous líquidos con distinta densidade de que non se mesturan como por exemplo auga e aceite
C.
É o sistema que se utiliza para separar unha mestura homoxénea de dous líquidos que teñen distinta temperatura de ebullición, por exemplo, alcol, e auga
D.
Utilízanse cando temos unha mestura heteroxénea formada por un líquido e un sólido, como auga e area
8. 
Que tipos de mesturas podemos atopar?
A.
Heteroxéneas
B.
Oxidadas
C.
Homoxéneas
D.
Ningunha é correcta
9. 
Que produce a calor?
A.
Cambios físicos
B.
Cambios químicos
C.
Dilatación
D.
Cambios de estado
10. 
Cales destas opcións son reaccións químicas da natureza?
A.
Físicos, químicos e filtración
B.
Evaporación, decantación e destilación
C.
Oxidación, combustión e fermentación
D.
Todas son correctas