Crear juego
Jugar Crucigrama
1 Espazo da casa onde se fai lume, polo xeral situado no oco dunha parede, decorado cun marco exterior e provisto dun conduto polo que sae o fume ao exterior.
2 Almofadiña que serve para sentarse ou para apoiar sobre ela algunha parte do corpo de maneira cómoda.
3 Utensilio con tres ou catro pugas nun extremo, para levar alimentos sólidos á boca.
4 Instrumento que consta dunha folla de metal con fío por un dos lados e unida a un mango, que se usa para cortar diferentes cousas.
5 Recipiente de barro, plástico etc., cun pequeno furado no fondo, utilizado para criar plantas.
6 Peza de cortiza ou doutro material, en forma de cilindro, que se usa para tapar botellas, garrafóns etc.
7 Cada unha das dúas pezas de tea, de forma rectangular, que se colocan sobre o colchón para deitarse entre elas.
8 Saco cheo de materia branda e esponxosa, como la, fibra sintética etc., que se pon na cabeceira da cama para apoiar a cabeza ou se utiliza como asento.
9 Instrumento de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nunha pechadura para abrila ou cerrala.
10 Utensilio que consta dun mango longo e unha pa oval no extremo, usado para levar á boca líquidos ou substancias pouco consistentes.
2
3
1
5
6
4
7
8
10
9