Crear juego
Jugar Ruleta de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
X
Comeza por  
A
: Denominación utilizada polos historiadores para referirse á época Moderna e especificamente ao sistema político e socioeconómico propio dos séculos XVI ao XVIII. O termo foi acuñado polos revolucionarios franceses para referirse á monarquía de Luís XVI. Caracterízase pola monarquía absoluta como forma de goberno (orixe divina do rei e concentración de poderes), a sociedade estamental (privilexiados e non privilexiados) e a economía agraria de base señorial (a agricultura de subsistencia é a base da economía pertencendo a maioría das terras á nobreza e á Igrexa)
Comeza por  
B
Dinastía que reinou en España tras o falecemento do rei Carlos II
Comeza por  
C
. Persoa que acepta unha crenza relixiosa ou ideoloxía diferente (especialmente o cristianismo) á que profesaba anteriormente. Nos séculos XVI e XVII aplicábase especialmente aos musulmáns e xudeus que se convertían ao cristianismo. Moitas das conversións non foron por convicción senón para evitar persecucións. O aumento do número de conversos agravou o odio popular contra estes novos cristiáns, acusados de manter en segredo a súa fe (xudaizantes e mouriscos). Moitos deles foron vítimas do tribunal da Inquisición.
Comeza por  
D
Conxunto de leis promulgadas por Filipe V na primeira década do século XVIII (entre 1707 e 1716) a raíz da Guerra de Sucesión (1702-1714), na que os territorios da coroa de Aragón (Aragón, Valencia, Mallorca e Cataluña) apoiaron maioritariamente ao seu rival (Carlos de Austria). A través deles abolíronse os privilexios e institucións dos reinos de dita coroa e implicaron a imposición da organización político-administrativa e das leis de Castela así como o uso do castelán como lingua administrativa e xurídica. Supuxeron un avance cara a centralización política pois só Navarra e País Vasco conservaron os seus foros pola súa fidelidade a Filipe V na contenda
Contén  
E
: Avaliación da riqueza da Coroa de Castela feita no reinado de Fernando VI a instancias do seu ministro o Marqués de Ensenada. Tivo o seu inicio en 1749 e elaborouse durante varios anos co apoio dos intendentes. O seu obxectivo era a racionalización do sistema fiscal castelán, atendendo á filosofía do reformismo borbónico. Na práctica suporía a implantación da Única Contribución, tributo pensado para substituír as rendas provinciais. As protestas dos grupos privilexiados frustraron o proxecto. Constitúe unha fonte de gran valor para o estudo da poboación e a economía castelá da época.
Comeza por  
F
NOME DO PRIMEIRO REI BORBÓN
Comeza por  
G
Gran frota formada por Filipe II en 1588 para invadir Inglaterra. A Grande Armada organizouse debido á política anticatólica, o apoio ao corsarismo e aos rebeldes flamengos da raíña Isabel I. Estaba integrada por uns 130 navíos que partiron do porto de Lisboa para arribar á Canle da Mancha onde embarcarían ao Terzos de Flandres para despois invadir Inglaterra. A decisión de retornar a España dando a volta polas illas Británicas fixo que unha parte importante da armada fose desfeita polos temporais. Dos 130 navíos que partiron regresaron 66. Trala derrota, os ingleses descualificárona como a armada invencible. Estivo comandada por Alonso Pérez de Guzmán, duque de Medina Sidonia
Comeza por  
H
Nome da dinastía que rivaliza cos Borbóns pola coroa española durante a Guerra de Sucesión.
Comeza por  
I
Nome da institución católica que velaba porque se cumprisen os mandamentos relixiosos.
Comeza por  
L
As necesidade derivadas do goberno e administración dos territorios americanos obrigaron a promulgar decretos e leis que no seu conxunto se coñecen como
Comeza por  
M
Levantamento popular que tivo lugar en Madrid en 1766 durante o reinado de Carlos III contra as medidas reformadoras do seu ministro Esquilache. A orixe do conflito foi o descontento pola subida do prezo do pan provocada por malas colleitas e especulación pero cómpre ter en conta que se desenvolveu nun contexto de malestar popular por outras medidas reformadoras do momento que pretendían mellorar a limpeza e iluminación da cidade e entre as que salientan a prohibición de levar sombreiro de ala ancha e capa longa ou os xogos de azar. A situación foi aproveitada por grupos nobiliarios e eclesiásticos contrarios á política reformista. A revolta tivo como consecuencia a destitución de Esquilache e un xiro no programa reformador, emprendido agora por ministros españois
Contén  
N
NOME DUNS DOS BARCOS DE COLÓN
Comeza por  
O
VALIDO DE FELIPE IV
Comeza por  
P
País co que España firmou a división dos territorios americanos no Tratado de Tordesillas
Comeza por  
R
o: Doutrina que tratou de reafirmar a autoridade e as prerrogativas da monarquía fronte aos intereses eclesiásticos vinculados á Santa Sé. O regalismo iniciado cos Reis Católicos, acentuouse cos Borbóns. Algunhas das regalía foron a intervención no nomeamento de cargos eclesiásticos e a recadación dalgunhas rendas. No século XVIII plásmase nos Concordatos de 1737 e 1753 e culminará coa expulsión dos xesuítas en 1767
Contén  
S
NOME DA GUERRA QUE SE DEU TRAS A MORTE DE CARLOS II
Comeza por  
T
s. Unidade militar de infantería creada por Carlos I no século XVI (aínda que xa perfilados polos Reis Católicos). Poden considerarse os primeiros exércitos profesionais ao estaren formados por soldados profesionais, voluntarios o de recrutamento. A unidade estaba organizada en tres seccións, combinando as armas brancas (picas, espadas) e as de fogo (arcabuces, mosquetes). Supuxeron un avance fundamental no proceso de modernización dos exércitos europeos da época. Os terzos consagraron o predominio da infantería fronte a cabalería dominante na guerra medieval. Estaban asentados fundamentalmente nas posesións españolas en Europa, destacando, polo seu número e fama, os Terzos de Flandres. Os primeiros terzos organizáronse os exércitos españois en Italia, e por iso os terzos italiano chamáronse terzos vellos.
Contén  
U
Tratados de paz que poñen fin á guerra de Sucesión española que enfrontara as casas de Borbón e Austria polo dominio do trono español. Asinada en 1713, supuxo que Filipe V (Borbón) reinase en España e América pero renunciando aos seus dereitos ao trono francés. Implicou numerosas perdas territoriais e importantes concesións económicas. As posesións dos Países Baixos do Sur, de Milán e de Nápoles pasaron a Austria. Inglaterra conseguiu Xibraltar e Menorca, ademais dun navío de permiso para comerciar coa América hispánica e o “asento de negros”. Cédese a Portugal a colonia de Sacramento (actual Uruguai). Os países asinantes comprometéronse a manter unha política de equilibrio continental. Marca o inicio da hexemonía británica en Europa
Comeza por  
V
o. Persoa da máxima confianza do rei en quen este delegaba os seus poderes ata o punto de entregarlle a dirección do reino. Nunca foi un cargo oficial dado que unicamente servía ao rei mentres este tiña confianza na persoa escollida. Moitos deles utilizaron o poder no seu propio beneficio e das súas familia e achegados. A súa aparición non foi un fenómeno estritamente español senón que se xeneralizou no século XVII por varios países europeos. ” tamén era coñecido cos nomes de “privado” ou “favorito”. destacaron os duques de Lerma e de Uceda no reinado de Filipe III, o conde-duque de Olivares e Luis de Haro no de Filipe IV e Fernando de Valenzuela e o conde de Oropesa no de Carlos II.
Comeza por  
X
: Institución que actuaba en representación do Reino de Galicia ante a Coroa no Antigo Reéime. A súa creación data do século XVI e estaban presididas polo Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia. Estaban integradas polos deputados das cidades capitais (Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña, Betanzos, Mondoñedo e Tui) das sete provincias galegas. As súas reunións facíanse a petición do monarca para repartir a carga fiscal e as levas militares concedidas previamente polas Cortes castelás ou para a concesión de donativos propios. As reunións tamén servían para debater a situación do reino e facer chegar ao rei as súas peticións. Unha das súas principais reivindicacións foi a concesión a Galicia de voto nas Cortes de Castela, que obtiveron durante o reinado de Felipe IV (1623).