Persoa que ten como profesión aconsellar en asuntos xurídicos e intervir nos procesos xudiciais como defensor dunha das partes.
Comeza por
B
Espazo á beira dunha estrada, xeralmente separado cunha liña, reservado para a circulación de peóns e vehículos de tracción animal,
Comeza por
C
Instrumento que consta dunha folla de metal con fío por un dos lados e unida a un mango, que se usa para cortar diferentes cousas.
Comeza por
D
Ser superior ao home, dotado de diferentes atributos segundo as diversas relixións.
Comeza por
E
Porción da mucosa bucal que recobre a base dos dentes.
Contén
F
Utensilio con tres ou catro pugas nun extremo, para levar alimentos sólidos á boca.
Comeza por
G
Máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar e mover grandes pesos dentro do raio que este brazo alcanza.
Comeza por
H
Conxunto de sons que resultan agradables ao oído.
Comeza por
I
Persoa que, respecto doutra, é filla dos mesmos pais ou só do mesmo pai ou da mesma nai.
Comeza por
L
Extensión de auga máis pequena ca o lago e de menor profundidade.
Comeza por
M
Que non está fixo, que pode cambiar de posición.
Comeza por
N
Sentimento de repugnancia por algo ou alguén.
Comeza por
O
Exclamación que se emprega para saudar.
Comeza por
P
Peza de metal, madeira etc., co corpo en forma de rosca que, ao facela xirar sobre si mesma, se introduce nunha porca ou nunha superficie.
Comeza por
Q
Medida de lonxitude que equivale a mil metros. O seu símbolo é km.
Comeza por
R
Cada un dos dous órganos situados na rexión lumbar, aos lados da espiña dorsal, que segregan a urina.
Contén
S
Resplandor intenso e momentáneo, producido polo raio.
Comeza por
T
Instrumento para cortar que está constituído por dúas pezas cun só gume, unidas en forma de aspa por un eixe, arredor do cal xiran ao seren accionadas.
Contén
U
Utensilio que consta dun mango longo e unha pa oval no extremo, usado para levar á boca líquidos ou substancias pouco consistentes.
Contén
V
Bebida alcohólica que se obtén por fermentación da semente do orxo, de sabor un tanto amargo, cor xeralmente dourada e que fai escuma branca.