1.
Peza do traxe tradicional feminino semellante a unha esclavina de pano adornado con veludo e abelorios, con puntas longas que se cruzan sobre o peito e se abrochan por detrás.
A
bobiné
B
manto
C
dengue
2.
Peza do vestiario que se ata á cintura e ás veces tamén ao pescozo e que se pon sobre a outra roupa para non manchala por diante.
A
refaixo
B
mantelo
C
dengue
3.
Peza interior de abrigo que levaban as mulleres por debaixo da saia e que tiña a forma desta.
A
refaixo
B
manto
C
bobiné
4.
Peza de abrigo para a cabeza feita de pano ou la.
A
polaina
B
monteira
C
faixa
5.
Peza de vestir interior que cingue o corpo dende o peito ou a cintura ata as nádegas ou a parte superior das pernas.
A
polaina
B
bobiné
C
faixa
6.
Especie de media ou de botín feito de pano, que cobre a perna desde o nocello ata un pouco máis arriba do xeonllo.