1
É a célula sexual masculina producida nos testículos.
2
É unha glándula que fabrica un líquido que serve de alimento e transporte aos espermatozoides.
3
É o órgano onde se acumula a urina antes de ser expulsada. Ten forma de bolsa e as súas paredes son elásticas.
4
Neles fórmanse as células sexuais masculinas, os espermatozoides.
5
É un líquido formado nas glándulas sudoríparas e composto case na súa totalidade por auga, pero que tamén contén unha pequena parte de sales e de substancias de refugallo que son expulsadas ao exterior.
6
É o canal que comunica o útero co exterior.
7
É a primeira célula que se forma tras a fecundación e posteriormente transformase nun embrión.
8
Son dous conductos que transportan a urina dende os riñóns ata a vexiga.
9
É un orificio que comunica cada glándula sudorípara co exterior.
10
É o órgano no que se desenvolve o bebé durante o embarazo.
11
É a célula sexual femenina, formada nos ovarios.
12
Leva os espermatozoides ao exterior e tamén expulsa a urina.
13
No seu extremo desemboca a uretra, por onde saen os espermatozoides ao exterior.
14
É a parte externa do aparato reproductor feminino.
15
Neles prodúcense as células sexuais femeninas que se chama óvulos.
16
É a unión dun óvulo cun espermatozoide.
17
Pequena esfera formada por numerosas células. Procede de múltiples divisións dun cigoto.