Coco
A cadela peregrina ou o can do Urco
Pedro Chosco
Lobishome
Donicela
María Castaña
Basilisco
Trasno ou trasgo
Lavandeiras
Coca
Porviso
O cuco, o carrizo e a curuxa
Pepa "a loba"
Mouras
Xacias e Sereas
Can branco
Lumias ou lamias
Vendoiras
Nubeiro
Bandoleira mítica, asenta o prototipo de muller fera e independente, mais tamén socorredora dos e das pobres. O seu lema era “Home morto non fala”
Mulleres vellas, de rostro enxoito e engurrado, que viven nas fontes. Velas é de mal agoiro.
Son mulleres belísimas e sedutoras que viven nas fontes, castros, penedos ou mámoas. Lavan, tecen, fían e peitean os seus cabelos á luz do sol, sobre unha pena ou a carón dunha fonte. Gardan tesouros que lles ofrecen aos mozos dispostos a desencantalas
Existe en moitas culturas do mundo con distintos cometidos, que poden ser asustar ás crianzas, burlarse delas ou mesmo secuestralas.
Ser doméstico a quen lle gusta enredar e molestar coas súas falcatruadas. Hai un tipo que só poden ver os meniños.
Esta personaxe antiquísima remítenos a outros mitos como o de Brancaflor, a filla do demo, e aínda máis atrás no tempo, á de Medea, a terríbel maga filla do Sol, a quen Xasón foi buscar ao mesmo inferno.
Especie de rato que pasa por debaixo das portas e, co seu longo rabo, pode rodear a almofada e afogar ás persoas que dormen
Crese que este home, de barba branca e voz grave, é o encargado de facer durmir ós nenos e ás nenas.
Adoitan ter cara de muller fermosa e corpo de dragón, son moi perigosas para os homes, aos que encantan e devoran. Viven en covas.
Trátase dun home ou dunha muller que se transforma en lobo. Isto pode acontecer por varios motivo.
Son sabias que adquiriron o poder de ver o oculto e o invisíbel. Poden ver as ánimas dos defuntos, de quen poden dar noticias, saben onde están os tesouros e poden dar, alén diso, avisos de morte.
Topalo de noite nun camiño pode ser sinal de boa sorte.
É un monstro de cor amarela con ollos de sapo; cabeza, pescozo, patas e peito de galo, e corpo de serpe. O seu alento é fétido e pode matar coa mirada.
Está ligado a numerosas supersticións negativas, pois é considerada vingativa e adoita romper a louza cando argalla polas casas.
Anfibios con aparencia humana, xacias e sereas son mulleres míticas emparentadas con figuras da mitoloxía xermánica e nórdica. As xacias, seres que habitan no río, son belísimas e atraen os mozos á súa perdición. Pénsase que son antropófagas, como as sereas.
É o xenio mitolóxico causante dos fenómenos tormentosos. O seu carácter é habitualmente maléfico, pois provoca as treboadas para facer dano.
Son de mal agoiro e presaxian a morte.
Son tres aves que presaxian a morte.
Animal monstruoso con corpo de dragón, cola de serpe e ás de morcego, que vive no mar ou no río. É moi voraz e está asociado con sucesos lendarios en moitas localidades galegas, así como noutras zonas do Estado español e de Europa.