1
Rampla que facilita a subida e baixada de persoas e obxectos.
2
Forza que se opón á que aplicamos e está causada polo corpo que queremos mover.
3
Combinación de operadores que transmiten ou transforman o movemento que se produce na máquina.
4
Conxunto de elementos que serven para manter en pé unha construción porque soportan pesos ou protexen as máquinas.
5
Forza que aplicamos voluntariamente co fin de obter un resultado.
6
Máquina de funcionamento complexo que está formada por varias pezas ou mesmo por varias máquinas simples.
7
Elemento ou grupo de elementos que ten unha función determinada dentro da máquina composta.
8
Calquera obxecto que nos facilita unha tarefa, ben aforrándos tempo, esforzo ou as dúas cousas.
9
As forzas que actúan sobre unha estrutura.
10
Rodas que xiran ao redor dun eixe e que teñen o perímetro exterior deseñado para facilitar o contacto con cordas ou correas.
11
Máquina cuxo funcionamento é sinxelo e está formada por poucas pezas.
12
Máquina simple que consiste nunha barra ríxida, que oscila sobre un punto de apoio., e sobre o que se exercen dúas forzas.