Crear juego
Jugar Froggy Jumps
1. As persoas pertencemos ao grupo dos...
A
animais
B
plantas
C
obxectos inertes
2. As cousas que non están vivas, e que non realizan ningunha das tres funcións vitais, son...
A
os obxectos inertes
B
os animais
C
as plantas
3. Obtemos nutrientes, respiramos osíxeno, e expulsamos as substancias que non necesitamos mediante a función de...
A
relación
B
reprodución
C
nutrición
4. Fabrican os seus propios alimentos. Son...
A
os animais
B
as plantas
C
os obxectos inertes
5. Aliméntanse doutros seres vivos. Son...
A
as plantas
B
os animais
C
os obxectos inertes
6. Permítenos ter seres vivos semellantes a nós. É a...
A
función de relación
B
función de reprodución
C
función de nutrición
7. Os seres vivos percibimos o ambiente que nos rodea, e relacionámonos con el, mediante a función de...
A
nutrición
B
relación
C
reprodución
8. Os elefantes, moscas, quenllas, lagartos... Son:
A
plantas
B
animais
C
nin plantas nin animais
9. Os piñeiros, musgos, xirasoles, carballos... Son:
A
plantas
B
animais
C
nin plantas nin animais
10. As algas, os fungos, as bacterias, os microbios... Son:
A
nin animais nin plantas
B
plantas
C
animais
11. Viven nas augas de mares, ríos, lagos ou lagoas. Son...
A
os seres terrestres
B
os seres acuáticos
C
os obxectos inertes
12. Viven fóra da auga, como en bosques, selvas, desertos ou cidades. Son...
A
os seres acuáticos
B
os obxectos inertes
C
os seres terrestres
13. Non fabrican os seus propios alimentos, senón que se alimentan doutros seres vivos. Son...
A
os animais
B
as plantas
C
os seres inertes
14. Teen órganos dos sentidos cos que conseguen ver, oír, ulir, saborear... Son...
A
os seres inertes
B
as plantas
C
os animais
15. Teñen un aparato locomotor co que poden moverse e desprazarse voando, correndo, reptando... Son...
A
as plantas
B
os seres inertes
C
os animais
16. Os animais clasifícanse en ovíparos e vivíparos segundo...
A
a súa alimentación
B
a súa reprodución
C
o seu aparato locomotor
17. Os animais clasifícanse en herbívoros, carnívoros e omnívoros segundo...
A
a súa reprodución
B
a súa alimentación
C
o seu aparato locomotor
18. Os animais clasifícanse en vertebrados e invertebrados segundo...
A
a súa reprodución
B
a súa alimentación
C
o seu aparato locomotor
19. Os animais que se desenvolven no interior dun ovo que pon a nai son...
A
vivíparos
B
terrestres
C
ovíparos
20. Os animais que nacen do ventre da nai son...
A
ovíparos
B
vivíparos
C
acuáticos
21. Os animais que se alimentan só de plantas ou de partes delas son...
A
carnívoros
B
herbívoros
C
omnívoros
22. Os animais que se alimentan só doutros animais son...
A
herbívoros
B
omnívoros
C
carnívoros
23. Os animáis que se alimentan tanto de animais como de plantas son...
A
herbívoros
B
carnívoros
C
omnívoros
24. Os animais que teñen un aparato locomotor cun esqueleto interno e cunha columna vertebral son...
A
invertebrados
B
acuáticos
C
vertebrados
25. Os animais que non teñen esqueleto interno nin columna vertebral, pero que poden ter cunchas ou coirazas protectoras, son...
A
invertebrados
B
vertebrados
C
carnívoros
26. Son animais acuáticos. O seu corpo está cuberto de escamas.
A
Os réptiles
B
Os peixes
C
Os anfibios
27. O corpo dos peixes está recuberto de...
A
pelo
B
escamas
C
plumas
28. As extremidades dos peixes chámanse...
A
alas
B
aletas
C
brazos
29. Son animais acuáticos nas primeiras etapas da vida, e terrestres cando son adultos.
A
Os anfibios
B
Os réptiles
C
Os mamíferos
30. A súa pel é moi fina, e non teñen pelos nin escamas nin plumas. Case todos teñen catro patas e son ovíparos.
A
Os peixes
B
Os réptiles
C
Os anfibios
31. As súas extremidades son aletas. Poden respirar mergullados na auga.
A
Os peixes
B
Os mamíferos
C
Os réptiles
32. Poden ser terrestres ou acuáticos. A súa pel está cuberta de escamas.
A
As aves
B
Os réptiles
C
Os peixes
33. Algúns teñen cuncha. Poden ter catro patas ou ningunha. Case todos son ovíparos.
A
Os mamíferos
B
Os réptiles
C
Os anfibios
34. A pel dos réptiles está cuberta de...
A
pelo
B
plumas
C
escamas
35. Son animais terrestres. A súa pel está cubeta de plumas, agás a das patas, que teñen escamas.
A
Os mamíferos
B
As aves
C
Os anfibios
36. Na boca teñen un bico. As súas extremidades superiores son ás, e todos son ovíparos.
A
As aves
B
Os mamíferos
C
Os anfibios
37. A pel das aves está cuberta por...
A
Pelo
B
Plumas
C
Escamas
38. As aves, na boca, teñen...
A
aletas
B
un bico
C
poutas
39. As extremidades superiores das aves chámanse...
A
poutas
B
escamas
C
ás
40. Poden ser animais terrestres ou acuáticos. Teñen pelo na pel.
A
Os réptiles
B
Os mamíferos
C
As aves
41. Os mamíferos teñen a pel cuberta de...
A
plumas
B
pelo
C
escamas
42. As súas extremidades son de moitos tipos, poden ter aletas ás, patas con poutas, pés e mans...
A
Os réptiles
B
Os anfibios
C
Os mamíferos
43. Case todos son vivíparos, e as femias producen leite para que mamen as súas crías.
A
Os mamíferos
B
Os anfibios
C
Os réptiles
44. A que grupo de animais vertebrados pertencen a quenlla, o cabaliño de mar, ou o bocarte?
A
Anfibios
B
Réptiles
C
Peixes
45. A que grupo de animais vertebrados pertencen a píntega, o tritón ou a ra?
A
Peixes
B
Mamíferos
C
Anfibios
46. A que grupo de animais vertebrados pertencen a tartaruga, a iguana, o crocodilo ou a serpe?
A
Réptiles
B
Aves
C
Mamíferos
47. A que grupo de animais vertebrados pertencen a cegoña, o ñandún ou a andoriña?
A
Aves
B
Anfibios
C
Mamíferos
48. A que grupo de animais vertebrados pertencen o coala, a vaca, o morcego ou o golfiño?
A
Aves
B
Peixes
C
Mamíferos
49. Son os animais que non teñen un esqueleto con columna vertebral.
A
invertebrados
B
vertebrados
C
herbívoros
50. A anemone, o coral ou a augamar son animais invertebrados. Son...
A
cnidarios
B
equinodermos
C
veremes
51. A ameixa, o caracol ou a sepia son animais invertebrados. Son...
A
vermes
B
moluscos
C
cnidarios
52. A araña, o cempés, o cabaliño do demo, ou o lumbrigante son animais invertebrados. Son...
A
artrópodos
B
vermes
C
moluscos
53. O ourizo de mar e a estrela de mar son animais invertebrados. Son...
A
vermes
B
equinodermos
C
cnidarios
54. A planaria, a lombriga ou a samesuga son animais invertebrados. Son...
A
vermes
B
equinodermos
C
artrópodos
55. Unha das características das plantas é que adoitan ser de cor...
A
verde
B
vermella
C
marrón
56. Unha das características das plantas é que...
A
poden desprazarse
B
teñen órganos dos sentidos
C
viven fixas ao chan
57. Unha das características das plantas é que...
A
cazan para poder alimentarse
B
non teñen órganos dos sentidos
C
desprázanse cando precisan comida
58. Unha das características das plantas é que...
A
elaboran os seus alimentos
B
adoitan ser de cor vermella
C
non teñen forma de reproducirse
59. As plantas adoitan ter o corpo dividido en raíz, talo e follas. A maioría reprodúcense mediante...
A
flores, que forman froitos e sementes
B
follas verdes
C
as raíces
60. Consiste en que as plantas transforman o aire, auga e minerais en alimento. Chámase...
A
fotosíntese
B
fotocopia
C
fotografía
61. Son as plantas de maior tamaño, e teñen un talo groso e duro, chamado tronco. Son...
A
as árbores
B
os arbustos
C
as herbas
62. Son as plantas de tamaño medio, e teñen un ou varios troncos delgados. Son...
A
os arbustos
B
as árbores
C
as herbas
63. Son as plantas pequenas, de talo verde, delgado e flexible. Son...
A
as árbores
B
as herbas
C
os arbustos