Crear juego
Jugar Ruleta de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Empieza por  
A
Insecto que vive en colmeas e produce mel e cera
Empieza por  
B
Insecto que ten dous pares de ás de variadas e vistosas cores
Empieza por  
C
Ave rapaz nocturna de cabeza larga e redonda, ollos grandes e plumas de cor parda dourada, branca e cinsenta
Empieza por  
D
Pequeno mamífero de patas curtas, corpo alongado e pelame pardo no lombo e branco no peito e no ventre
Empieza por  
E
Femia do cabalo
Empieza por  
F
Pequeno mamífero de cor parda polo corpo e branca arredor dos ollos e do fociño
Empieza por  
G
Cetáceo mariño de dous a tres metros de lonxitude, que ten as mandíbulas prolongadas e estreitas, dotadas de numerosos dentes, cor gris, azul ou branca e a aleta dorsal curvada cara a atrás.
Empieza por  
H
Mamífero carnívoro, de pelame gris con manchas ou raias escuras, cunha crina no lombo, que se alimenta sobre todo de animais mortos
Empieza por  
I
Réptil tropical que pode medir cerca de dous metros de longo, cunha gran papada e unha crista dentada polo lombo
Empieza por  
K
Mamífero, de pelo espeso cinsento, orellas arredondadas, patas prénsiles e uñas afiadas, propio de Australia
Empieza por  
L
Mamífero de pelo mesto e escuro, abrancazado na zona da garganta, cos dedos unidos por membranas, que vive na beira dos ríos.
Empieza por  
M
Ave rapaz nocturna de cor parda con pintas brancas nas partes superiores, abrancazada con riscos verticais castaños nas inferiores e ollos amarelos e grandes
Empieza por  
N
Mamífero mariño de corpo robusto de ata seis metros de longo, cabeza grande e boca pequena dotada só de dous incisivos, un dos cales, nos machos, se desenvolve horizontalmente ata acadar case os tres metros de lonxitude
Empieza por  
O
Peixe mariño co corpo alongado e comprimido lateralmente, ollos grandes e brandos, de cor rosada nos costados e no ventre e cunha mancha escura onda as aletas laterais, moi apreciado pola súa carne branca e saborosa
Empieza por  
P
Molusco mariño sen cuncha da clase dos cefalópodos, de corpo globoso e oito brazos ou tentáculos con dúas filas de ventosas, chamados raxos
Empieza por  
Q
Peixe mariño de corpo fusiforme, boca ventral, arqueada e provista de varias filas de dentes cortantes
Empieza por  
R
Mamífero carnívoro salvaxe que se caracteriza por ter o fociño e as orellas afiadas e o rabo longo e peludo
Empieza por  
S
Réptil co corpo cuberto por unha coiraza de material córneo que poden ser terrestres ou de auga doce, de andar moi lento, ou mariñas, de gran tamaño e coas extremidades adaptadas para a natación
Empieza por  
T
Pequeno mamífero de corpo cilíndrico e cor negra, coas patas curtas e fortes uñas, coas que escava as galerías en que vive
Contiene la  
U
Ave mariña de plumas brancas e negras, torpe para andar, que non voa e se alimenta de peixes, ten como hábitat natural, especialmente, as zonas de clima polar
Empieza por  
V
Insecto do que a femia se asemella a un verme por carecer de ás e élitros e por ter o abdome de forma alongada, formado por aneis que emiten luz na escuridade
Empieza por  
X
Mamífero salvaxe moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, gris ou negra, e os canteiros superiores moi desenvolvidos e aguzados nos machos