Crear juego
Jugar Froggy Jumps
1. Un traballador ven de ter dous fillos xemelgos. Cal será a duración da suspensión do seu contrato por nacemento e coidado de fillo?
A
16 semanas
B
17 semanas
C
18 semanas
2. Ana vai ter un fillo e quere saber como pode disfrutar as dezaseis semanas de suspensión. Podes dicirllo?
A
6 semanas despois do parto e as 10 restantes a continuación.
B
6 semanas despois do parto e as 10 restantes se poden disfrutar por Ana ou cederllas ao pai
C
6 semanas despois do parto e as 10 restantes se poden disfrutar por semanas ata os 12 meses do neno
3. Canto tempo pode estar Antonio de baixa por enfermidade?
A
Máximo 6 meses, prorrogables por outros 6
B
Máximo 12 meses, prorrogables por outros 12
C
Máximo 12 meses, prorrogables por outros 6
4. Unha empresa ven de sufrir un incendio que lle impide temporalmente realizar a súa actividade. Pode suspender o contrato dos traballadores o necesita autorización da Autoridade Laboral?
A
Sí, para suspender o contrato é imprescindible a autorización da Autoridade Laboral.
B
Non, pode tomar a decisión o empresario.
C
Ten que solicitarla á Autoridade Laboral, que se limita a constatar a existencia da forza maior
5. E necesario abrir un período de consultas cos representantes dos traballadores para suspender os contratos de traballo no caso de
A
Suspensión dos contratos por forza maior
B
Suspensión dos contratos por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción
C
Suspensión dos contratos por causas disciplinarias
6. No caso de excedencia por coidado dun fillo...
A
O traballador ten reserva do posto de traballo durante o tempo da excedencia.
B
O traballador ten reserva do posto de traballo o 1º ano, e reserva dun posto similar o 2º e 3º ano.
C
Non ten reservado o seu posto de traballo en ningún caso
7. Unha traballadora que é elixida alcaldesa con dedicación exclusiva, solicita a excedencia no seu posto de traballo. Qué tipo de excedencia terá?
A
Forzosa
B
Voluntaria
C
Por coidado de fillos ou familiares
8. Unha traballadora pide unha excedencia por motivos persoais durante 3 anos. Pode volver ao seu posto ao rematar este tempo?
A
Non, a excedencia implica a perda do posto.
B
Non ten reserva do posto, pero sí un dereito preferente a reingresar na empresa so si hai vacante
C
Ten reserva do seu posto durante o 1º ano, e reseva dun similar o 2º e 3º ano
9. Indica cal é causa de suspensión dos contratos de traballo
A
A paralización da produción na empresa pola falta de materias primas.
B
A incorporación de nova maquinaria na empresa que sustitúe a unha parte dos traballadores
C
A crise económica que leva á empresa ao peche.
10. En que supostos de suspensión do contrato, o traballador percibirá un subsidio da Seguridade Social
A
Suspensión por folga
B
Suspensión por privación de liberdade mentres non exista unha sentenza condenatoria
C
Suspensión por risco durante o embarazo