Crear actividad
Jugar Relacionar Columnas

SOCIEDADE LIMITADA

COMISIÓN NACIONAL DO MERCADO DE VALORES (CNMV)

CROWDFUNDING

AVAL

LIÑA DE CRÉDITO

IMPOSTO DE SOCIEDADES

SOCIEDADE ANÓNIMA

EMPRESA INDIVIDUAL

SOCIEDADE COOPERATIVA

REXISTRO MERCANTIL

LEASING OU ARRENDAMENTO FINANCEIRO

BONO

Instrumento de débeda que emite unha empresa ou administración pública para financiarse. O emisor do bono promete devolver o diñeiro prestado ao comprador dese bono, máis uns intereses fixados previamente.

Sistema de financiación colectiva, normalmente online, que a través de donacións económicas conseguen financiar un determinado proxecto.

Persoa ou entidade que se compromete a pagar unha débeda en caso de que non o faga o debedor.

Imposto directo e de porcentaxe fixo que grava a renda das sociedades.

Sociedade non mercantil, cuxo obxectivo non é o beneficio senón satisfacer as necesidades dos socios.

Oficina do Estado, dependente do Ministerio de Xustiza, na que se inscriben os feitos e actos relativos aos empresarios individuais e ás sociedades mercantís.

Sociedade mercantil capitalista, na que o capital está dividido en participacións sociais, cuxa transmisión está restrinxida.

Contrato polo cal a entidade financeira pon á disposición dunha empresa unha certa cantidade de diñeiro por un período determinado.

Persoa física que realiza de forma habitual e por conta propia unha actividade económica.

Sociedade mercantil capitalista, cuxo capital está dividido en accións, libremente transmisibles.

Aluguer dun ben con dereito a compra ao final do contrato.

Organismo público dependente do Ministerio de Economía, encárgase de supervisar e inspeccionar os mercados de valores españois.