Icon Crear Crear
Jugar Ruleta de Palabras
  • A
    B
    C
    D
    E
    F
    H
    I
    L
    M
    N
    O
    P
    Q
    R
    S
    T
    U
    V
    X
    Z
    Comeza por  
    A
    Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeito transitorio ou permanentemente por unha corrente de auga.
    Comeza por  
    B
    Aba dun relevo montañoso que pola súa orientación respecto ao vento dominante queda exposto ao fluxo ascendente do aire.
    Contén  
    C
    Tendenza do turismo alternativo, diferente ao turismo tradicional. Nestas actividades turísticas priviléxiase a sustentabilidade, apreservación, a apreciación do medio natural e cultural.
    Contén  
    D
    Formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana e como consecuencia da degradación do bosque mixto atlántico.
    Comeza por  
    E
    Caudal mínimo que acada un río ou lagoa en determinadas épocas do ano, debido específicamente á seca.
    Comeza por  
    F
    Val estreito e profundo, rodeado por paredes casi verticais, excavada polos ríos en terreos calizos.
    Contén  
    H
    Isoliña imaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacións, nun mapa no que se expresen cantidades de precipitación recibida por áreas.
    Comeza por  
    I
    Isoliña que, nun mapa meteorolóxico, une os puntos que teñen a mesma presión atmosférica ao nivel do mar.
    Comeza por  
    L
    Bosque nuboso subtropical, propio de lugares húmidos, cálidos e sen xeadas, con grandes árbores, que en España se dá nas illas Canarias, máis concretamente nas vertentes setentrionais das illas occidentais de maior elevación.
    Comeza por  
    M
    Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar.
    Contén  
    N
    Entidade local con persoalidade xurídica propia, segundo a Constitución de 1978. Constitúe unha agrupación de municipios que se creou por primeira vez coa división de Javier de Burgos en 1833.
    Contén  
    O
    Unidade administrativa de base relixiosa, que organiza o territorio a partir dos membros pertencentes a unha mesma freguesía.
    Comeza por  
    P
    Aspecto que adquire o espazo xeográfico. Defínese polas súas formas: naturais ou antrópicas. Toda paisaxe está composta por elementos que se artellan entre sí. Estes elementos son de tres tipos: abióticos (non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana).
    Contén  
    Q
    Ecosistema de matogueira mediterránea, formación de especies perennifolias, principalmente arbustivas, que soe refuxiarse sobre solos silíceos.
    Comeza por  
    R
    Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste.
    Contén  
    S
    Terreo pantanoso situado por debaixo do nivel do mar, con auga salgada de procedencia mariña.
    Comeza por  
    T
    Forma de relevo litoral, de orixe sedimentaria, que forma unha estreita lingua de terra entre unha illa ou unha grande rocha alonxada da costa e terra firme.
    Contén  
    U
    É o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. É moi significativa en Galicia.
    Contén  
    V
    Zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val exposta á sombra e oposta á solana.
    Contén  
    X
    Período correspondente ao modelo de transición demográfica cunhas determinadas características canto ao comportamento da natalidade e da mortalidade, coa conseguinte repercusión no crecemento natural ou vexetativo.
    Comeza por  
    Z
    Chaira ou meseta formada na era primaria ou paleozoico, como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nesta era.