REPASO TEMPO AT. E CLIMA 5ºVersión en línea Repaso do tempo atmósfèrico e do clima a nivel de 5º- 6º de primaria por Espiñeira Espiñeiriña Aldán 1 Que é o tempo atmosférico? a É o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinado. b É o estado da atmosfera ao longo dun ano. c É o estado da terra a nivel global. d É o clima dun lugar a longo plazo. 2 Os elementos do tempo atmosférico son: a A presión atmosférica e a temperatura. b O vento, a presión atmosférica, a temperatura e as precipitacións. c O vento, a temperatura e as precipitacións. d As nubes, o sol e as precipitacións. 3 Para medir a velocidade do vento usamos: a Barómetro. b Catavento. c Anemómetro. d Velocímetro. 4 O barómetro mide: a A cantidade de auga. b A temperatura en Celsius. c A dirección do vento. d A presión atmosférica 5 Que é o clima? a O conxunto de características metereolóxicas dunha zona durante un período breve de tempo. b A cantidade de auga nun período longo de tempo. c O conxunto de características metereolóxicas dunha zona durante un longo período de tempo. d O estado da atmosfera nunha zona e nun momento determinado. 6 Os tres factores fundamentais dos que depende o clima son: a A proximidade ao mar, lonxitude e latitude. b Lonxitude, latitude e altitude. c Latitude, proximidade ao mar e altitude. d Todas son correctas. 7 A latitude é: a A distancia ao Ecuador. b A distancia ao paralelo Trópico de Cáncer. c A distancia ao meridiano de Greenwich. d A media entre altitude e distancia ao mar. 8 Que é un climograma? a Unha táboa cos datos de temperaturas e precipitacións ao longo dun ano. b Un gráfico que representa as temperaturas e as precipitacións ao longo dun ano. c Un gráfico que representa as temperaturas e as precipitacións nun momento dado. d Unha tablograma do clima dun lugar. 9 Cales son as zonas climáticas do planeta? a Frías, temperadas, cálidas e tropicais. b Frías, temperadas e cálidas. c Temperadas, cálidas e ecuatoriais. d Frías, desérticas e temperadas. 10 Que climas hai en España? a Oceánico, mediterráneo e de montaña. b Oceánico, mediterráneo, continental e de montaña. c Oceánico, mediterráneo litoral, mediterráneo interior , de montaña e subtropical.. d Todas son correctas. 11 As temperaturas suaves todo o ano son propias do clima: a Oceánico. b mediterráneo interior. c Subtropical. d Montaña 12 As precipitacións escasas e irregulares, ás veces torrenciais, son propias do clima: a Oceánico. b Mediterráneo litoral. c Subtropical. d Todas son correctas. 13 O efecto invernadoiro prodúcese grazas ao: a Dióxido de carbono. b Vapor de auga. c Metano. d Todas son correctas. 14 Como son as temperaturas en Ourense en comparación con Pontevedra? a Máis altas no verán e máis frías no inverno. b Máis baixas no verán e máis quentes no inverno. c Máis ou menos similares. d Máis altas todo o ano. 15 Que provoca o cambio climático? a O uso de combustibles fósiles e a deforestación. b Os residuos e os refugallos. c A agricultura e a gandaría. d Todas son correctas.