Crear juego
Jugar Test
1. 
"O príncipe, co seu frac roto e cheo de imperdíbeis, os pantalóns vaqueiros cinxidos, unhas bastas botas militares, o brinco na orella e a crista pintada coas cores da bandeira nacional, saudou desde a varanda".
A.
O texto é unha sucesión de frases substantivas, nominais, preposicionais,...
B.
O texto é unha oración con frase nominal, f. prep, f.n., f.adxect., f.n....
C.
O texto comeza cunha frase substantiva e segue cunha f. prep., f.n.,, f. adxect...
2. 
Na frase "co seu frac roto e cheo de imperdíbeis"
A.
É unha f. n. e ten tres MOD.
B.
É unha f. prep. e hai un adxectivo demostrativo.
C.
É unha f. subst. e hai TRES adxectivos.
D.
Non é f. n. e hai tres adxectivos.
3. 
"o brinco na orella e a crista pintada"
A.
Son dúas f. n. unidas por un nexo coordinante.
B.
Hai unha f. prep. e unha f. n.
C.
As tres respostas son incorrctas.
D.
É unha f. n. e unha f. adxectiva.
4. 
En todo o texto "O príncipe, co seu frac roto e cheo de imperdíbeis, os pantalóns vaqueiros cinxidos, unhas bastas botas militares, o brinco na orella e a cristapintada coas cores da bandeira nacional, saudou desde a varanda" só atopamos
A.
Dúas palabras esdrúxulas e dúas agudas.
B.
Unha aguda, acabada en ditongo decrecente, sen til e unha esdrúxula.
C.
Unha esdrúxula e tres agudas.
D.
Unha pila de todo!
5. 
O Estatuto de Autonomía recoñece como lingua propia de Galicia o galego e data de 1981. O selo de correos pon outra data porque...
A.
O Estatuto de Autonomía é do ano 1980.
B.
Sería un selo para recordar que se estaba redactando unhas leis que serán aprobadas un ano despois.
6. 
O aranés fálase
A.
en Miranda de Douro.
B.
en Aragón
C.
Onde se fala o occitano.
D.
na zona do Val de Ellas.
7. 
O mirandés é unha lingua oficial en Portugal, pero é leonés antigo.
A.
Non
B.
Si
C.
Non, porque non existe esa lingua en España.
8. 
A evolución primeira das linguas romances na Península Ibérica foi
A.
de Norte a Sur
B.
de Leste a Oeste
C.
de Sur a Norte
D.
de Leste a Sur
9. 
De que ano é a Lei de Normalización Lingüística?
10. 
Linguas cooficiais en España hai catro. É correcto?
11. 
O texto "O príncipe, co seu frac roto e cheo de imperdíbeis, os pantalóns vaqueiros cinxidos, unhas bastas botas militares, o brinco na orella e a crista pintada coas cores da bandeira nacional, saudou desde a varanda" é especialmente descritivo polo que aparecen
A.
Alomenos oito adxectivos.
B.
cinco adxectivos
C.
nove adxectivos