Icon Crear Crear
Jugar Test
  • 1. 
    A nutrición
    A.
    é o conxunto de procesos involuntarios mediante os cales o organismo obtén, transforma e emprega esas sustancias químicas que conteñen os alimentos.
    B.
    é o conxunto de procesos involuntarios mediante os cales o aparello dixestivo descompón eses alimentos inxeridos nas substancias químicas que os conteñen
    C.
    é un acto voluntario e consciente que comprende os procesos polos cales o ser humano obtén e inxire os alimentos.
    2. 
    Unha ruta anabólica é aquela que...
    A.
    Sintetiza moléculas grandes a partir de precursores sinxelos e require gasto enerxético.
    B.
    Sintetiza moléculas grandes a partir de precursores sinxelos e serven para obter enerxía
    C.
    Degrada moléculas grandes para convertilas en máis pequenas.
    3. 
    As rutas catabólicas realízanse cando
    A.
    Hai períodos de exceso relativo de enerxía
    B.
    Hai períodos nos que hai exceso de moléculas precursoras.
    C.
    Hai períodos de falta de nutrintes que obligan a recurrir ás reservas do organismos para atender ás necesidades.
    4. 
    Dentro dos nutrientes reguladores atópanse
    A.
    Minerais
    B.
    Proteínas
    C.
    Hidratos de Carbono
    5. 
    Os nutrintes que o noso organismo pode sintetizar chámanse
    A.
    Esenciais
    B.
    Non esenciais
    C.
    Acalóricos
    6. 
    O pan, arroz, pasta, cereales e froitas conteñen sobre todo
    A.
    Proteínas
    B.
    Carbohidratos
    C.
    Graxas
    7. 
    Cales dos seguintes sería un ácido graxo esencial
    A.
    Ácido omega-3
    B.
    Colesterol
    C.
    Ácido fólico
    8. 
    Cal das seguintes non é unha vitamina hidrosoluble
    A.
    Vitamina B2
    B.
    Vitamina C
    C.
    Vitamina K
    9. 
    Existen vitaminas que non se acumulan no organismo, polo que se deben consumir con frecuencia, cales son:
    A.
    Vitaminas hidrosolubes
    B.
    Vitaminas liposolubles
    C.
    Ámbalas dúas resposta son correctas
    10. 
    Os oligoelementos son os minerais que o corpo necesita soamente en pequenas cantidades, dos seguintes cal é considerado oligoelemento?
    A.
    Sodio
    B.
    Iodo
    C.
    Calcio
    11. 
    Pode considerarse como fonte de fibra dietética
    A.
    Salvado de trigo e semillas de lino
    B.
    Froita e verdura
    C.
    Ámbalas dúas respostas son correctas
    12. 
    A TMB
    A.
    Enerxía requirida para manter o metabolismo basal
    B.
    A taxa de enerxía persoal
    C.
    A tasa de masa corporal
    13. 
    Na rolda dos alimentos dentro do grupo VII atopamos
    A.
    Proteínas
    B.
    Verduras e hortalizas
    C.
    Graxas
    14. 
    Cal das seguintes afirmacións é incorrecta:
    A.
    O fígado detecta a glucemia, si é elevada capta a glucosa e forma moléculas de glucóxeno
    B.
    O metabolismo da glucosa está regulado pola hormona insulina e a súa antagónica que é o glucóxeno.
    C.
    Coa glucoxenolise rómpense moléculas de glucóxeno xa almacenado para poder liberar glucosa no sangue
    15. 
    Cal das seguintes afirmacións é incorrecta
    A.
    Cando hai aminoácidos en exceso é o fígado quen se encarga da súa degradación e convírteos en colesterol
    B.
    Tanto o colesterol como triglicéridos formarán quilomicróns e lipoproteínas que poden atravesar as membranas e gracias ás cales se poden transportar en sangre e poden chegar ata os tecidos
    C.
    Un alto nivel de triglicéridos é tamén un factor de risco cardiovascular, xa que contribúen a formación de placas de ateroma
    16. 
    A formación de placas de ateroma por exceso de LDL en sangue denomínase
    A.
    Ateroxénese
    B.
    Lipoidose
    C.
    Esteatose
    17. 
    A celiaquía
    A.
    é unha enfermidade debida a unha intolerancia ó gluten
    B.
    débese á falta dunha encima necesaria para o metabolismo da metionina
    C.
    é unha enfermidade crónica que se trata coa administración de insulina
    18. 
    Dentro das hormonas hipofisarias atópase:
    A.
    Hormona antidiurética
    B.
    Hormona tirotropina
    C.
    Ámbalas dúas opcións son correctas
    19. 
    A aldosterona é producida por
    A.
    Glándulas suprarenais
    B.
    Tiroides
    C.
    Hipófisis
    20. 
    A hormona que regula os ciclos de soño e vixilia é
    A.
    A calcitonina secretada pola tiroides
    B.
    A melatonina secretada pola gándula pineal
    C.
    A melatonina secretada pola hipófisis
    21. 
    O hipotiroidismo
    A.
    causa perda de peso involuntaria, aumento do apetito, inquietude e nerviosismo, exceso de calor, sudoración, tremor
    B.
    é a diminución ou ausencia de hormonas tiroideas.
    C.
    Ámbalas dúas opcións son correctas