Rosalía na Xunqueira IVersión en línea

Un xogo de pasapalabra sobre Rosalía de Castro, elaborado coas preguntas creadas polo alumnado de segundo de ESO do IES A Xunqueira I de Pontevedra, co adaxo do 184 aniversario da nosa universal escritora (24 febreiro 2021) tomando como fonte de información o sitio web da Fundación da poeta: www.rosalia.gal. #rdc_2021 #TeusDocesCantares

por Raquel Martiz
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Interxección coa que comeza un dos versos máis populares de Rosalía.

Comeza por B

Acto de confraternización, celebrado o 2 de marzo de 1856, co gallo do décimo aniversario dos Mártires de Carral, ao que asistiron Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane e, tal vez, a nosa Rosalia.

Comeza por C

Concello natal da poeta que, en 1925, se fusiona co veciño de Santiago de Compostela

Comeza por D

Día do mes de maio de 1863, que figura na dedicatoria de 'Cantares Gallegos' e que, cen anos despois, se institucionaliza como o Día das Letras Galegas.

Comeza por E

Nome da destinataria de 'Las Literatas. Carta a...'

Comeza por F

Título completo do poemario que consagra a Rosalía como poeta galega

Comeza por G

Nome da filla, nada en 1871, que é xemelga de Ovidio.

Comeza por H

Nome que recibe, hoxe, o daquela Grande Hospital Real de Santiago, en cuxa capela foi bautizada.

Comeza por I

Parroquia padronesa, onde está o cemiterio de Adina, nel estivo soterrada Rosalía de 1885 a 1891, en que foi trasladada ao Panteón de Galegas Ilustres, sito no Convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago

Comeza por L

Título do seu primeiro libro, publicado en Madrid, en 1857 no xornal La Iberia.

Comeza por M

O substantivo, feminino plural, que falta nesta coñecida frase de 'La hija del mar' (1859): Porque todavía no les es permitido a las .............. escribir lo que sienten y lo que saben.

Comeza por N

Verbo do que lle acontece a Rosalía o 24 de febreiro de 1837.

Comeza por O

Orela, beira, bordo, marxe, ourela, traducido ao castelán e en plural, que leva o título da súa derradeira obra, publicada en 1884.

Comeza por P

Concello coruñés, onde morre o 15 de xullo de 1885.

Comeza por Q

Día do mes de novembro de 1947 en que se funda o Padroado Rosalía de Castro, no Hotel Compostela de Santiago.

Comeza por R

Título da novela, publicada por entregas en El Museo Universal (Madrid, 1866), protagonizada por tres personaxes situadas arredor de dous mundos sociais en conflito.

Comeza por S

Cidade da que é nomeado director so seu Arquivo o marido de Rosalía (de 1868-70)

Comeza por T

Nome da nai.

Contén U

Marido de Rosalía de Castro desde 1858 e falecido en 1923.

Comeza por V

Segundo apelido da familia paterna

Contén X

Nome co que se coñece a recuperación literaria, cultural, política e histórica de Galicia, no século XIX.

Comeza por Z

Has de cantar, / que che hei de dar ..............; / has de cantar, / que che hei de dar moitos, dille Rosalía á meniña gaiteira no comezo de 'Cantares Gallegos'.