Na rúaVersión en línea

Léxico do espazo urbano e da construción

por Xano Cebreiro
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z

Comeza por A

Os arredores dun núcleo urbano, a periferia, o alfoz, os arrabaldes

Comeza por B

Costa en descenso, camiño ou vía pola que se baixa, rúa baixeira

Comeza por C

Corporación e territorio municipal, constituído por parroquias

Comeza por D

Demoler, derruír, derribar, desfacer unha construción

Comeza por E

Perder o equilibrio ao pisar ou desprazarse sobre unha superficie, esvarar, escorrer

Comeza por F

Cavidade ou burato pouco fondo no terreo, focha, focho, foxo

Comeza por G

Aparello ou máquina cun brazo xiratorio para levantar e mover grandes pesos

Contén H

Superficie que se pisa e que serve de apoio para as cousas

Comeza por I

Edificio destinado á reunión dos fieis cristiáns para o exercicio do culto

Comeza por J

Deporte de orixe xaponesa baseado no emprego de chaves para inmobilizar ou desequilibralo e que adoita practicarse no interior

Contén K

Billete que acredita un pagamento e/ou dá dereito a un servizo ou a entrar nun lugar

Comeza por L

Lugar onde se fan operacións de compra e venda en grandes cantidades, especialmente de peixe e marisco fresco

Comeza por M

Lugar alto desde o que se ve un amplo panorama

Comeza por N

Que permite a navegación

Comeza por O

Lugar xeralmente aberto ao público, onde se realizan os traballos de administración dunha empresa ou institución

Comeza por P

Lugar marcado no chan dunha estrada ou rúa e no que os peóns teñen preferencia para atravesar

Comeza por Q

Pequena construción que se instala nos parques e xardíns ou na rúa para a venda de periódicos e outros produtos

Comeza por R

Edificio de moita altura, como os de Manhattan

Comeza por S

Que lle dá moito o sol. Terreo que dá cara a onde nace o sol

Comeza por T

Chamar ou comunicar algo por teléfono

Comeza por U

Núcleo novo de poboación formado por un conxunto de edificios proxectados conxuntamente, cunhas determinadas características comúns

Comeza por V

Facer que varíe a posición cun movemento en liña curva. Cambiar de dirección, xirar

Comeza por W

Tecnoloxía de conexión sen cabos da que podemos dispor nalgunhas rúas, en cafeterías, etc.

Comeza por X

Local onde está o órgano xudicial composto por xuíz/a e persoal auxiliar

Contén Y

Recipiente pequeno con válvula para a saída de líquido a presión, entre outras cousas para a defensa persoal na rúa

Comeza por Z

Parque ....., lugar onde os animais salvaxes ou exóticos son mostrados ao público