PASAPALABRA SOBRE ROSALÍAVersión en línea

Actividade para coñecer a vida e obra da escritora galega Rosalía de Castro.

por ANDREA LIÑARES PAZOS
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Título dun dos seus poemas máis coñecidos no que amosa a morriña que sente pola súa terra “……….ríos, …………fontes”

Comeza por B

Lugar de onde eran as campanas as que Rosalía lle dedicou o poema: “Campanas de ……..”

Comeza por C

Título da obra mais coñecida de Rosalía publicada en 1863, a partir da súa publicación comezou a celebrarse o día das Letras Galegas.

Comeza por D

Día de maio no que se publicou a obra de Rosalía “Cantares Gallegos” e o que se celebra por tanto o día das letras galegas

Comeza por E

Profesión de Rosalía de Castro

Comeza por F

Título da obra de Rosalía publicada en 1880 que se considera unha continuación de “Cantares Gallegos”

Comeza por G

Lingua ou idioma que defendeu a escritora e na que escribiu a maioría dos seus poemas.

Comeza por H

Segundo nome de Adriano, o fillo de Rosalía que morreu traxicamente ao caer dunha mesa.

Comeza por I

Lingua ou idioma ao que se traduciron algunhas das obras de Rosalía de Castro.

Comeza por L

Nome do aeroporto galego que será rebautizado co nome de Rosalía de Castro.

Comeza por M

Nome do marido de Rosalía de Castro.

Comeza por N

Poema de Rosalía de Castro que cantou a artista galega Luz Casal.

Comeza por O

Nome do fillo de Rosalía de Castro que foi un recoñecido pintor.

Comeza por P

Municipio próximo a Santiago de Compostela do que é natural Rosalía.

Contén Q

Apelido do poeta chamado Gustavo Adolfo, que xunto con Rosalía foron precursores da poesía española moderna.

Comeza por R

Segundo nome de Rosalía de Castro

Comeza por S

Número total de fillos que tivo Rosalía de Castro.

Comeza por T

Nome da nai de Rosalía de Castro.

Comeza por U

País de América do Sur no que tamén hai colexios co nome dela.

Comeza por V

Día de febreiro que se celebra o día de Rosalía con motivo do seu aniversario e nacemento.

Contén X

Época ou movemento cultural galego que se iniciou coa publicación da obra de Rosalía, “Cantares Gallegos”.

Contén Z

Segundo apelido do poeta Manuel Curros considerado xunto con Rosalía e Pondal un dos grandes poetas do Rexurdimento.