As paisaxesVersión en línea
por kike gil
1
Portada
2
Que son as paisaxes?
Unha paisaxe é unha zona ou terreo que observamos dende un determinado lugar. Todas as paisaxes están formadas por elemento do relevo como as montañas ou os vales, a auga dos ríos e dos mares, as construcións das persoas e a fauna e a flora que os habitan
3
Elementos das paisaxes
As paisaxes fórmanse polos elementos naturais do lugar no que se encontran e as achegas humanas. Poden ser de 2 tipos:
- Paisaxes Naturais: Son aquelas que nunca foron modificadas polas persoas. Estas paisaxes están formadas só por elementos naturais como por exemplo a vexetación, a fauna, as montañas ou os ríos.
- Paisaxes Humanizadas: Son aquelas que foron modificadas polas persoas. Están formadas por elementos naturais e tamén por elementos artificiais como campos de cultivo, encoros, estradas ou casas.
4
As paisaxes Humanizadas
As paisaxes Humanizadas á súa vez poden ser de 2 tipos:
- Paisaxes Rurais: Cando abundan máis elementos naturais que elementos artificiais.
- Paisaxes Urbanas: Á inversa das anteriores, neste caso abundan máis os elementos artificiais que os elementos naturais.
Enlace vídeo explicación
5
O relevo
Os elementos naturais dunha paisaxe que non son vexetación nin fauna forman os relevo.
Hai moitas formas de relevo dependendo do tipo de paisaxe que esteamos a traballar. A continuación imos ver algunhas.
Hai moitas formas de relevo dependendo do tipo de paisaxe que esteamos a traballar. A continuación imos ver algunhas.
- Nas paisaxes de Costa (preto do mar): Acantilado, Praia, Baía, Golfo, Illa, Cabo, Arquipélago, Península, Istmo e Litoral.
- Nas paisaxes de Interior (lonxe do mar): Montaña, Chaira, Serra, Cordilleira, Outeiro, Val, Barranco e Meseta.
Tipos de paisajes